+34 981 573 145

Programa

Aquí podedes consultar o programa completo do congreso do Fairway no que queremos dar a palabra a todos os que sintan curiosidade polo Camiño. Todos os relatorios, paneles, mesas redondas e debates permiten a participación dos congresistas, para que todo o mundo comparta as súas inquietudes e preocupacións, co fin de que todo o mundo poida ser escoitado.
Ven e opina!

Ao congreso dos días 13 e 14 podeste insrcibir en liña, poderás ver ponentes de diferentes países, culturas con diferentes prismas sobre o que o Camiño inflúe nas súas decisións empresariais, nas súas vidas ou na xestión diaria do Camiño. Está dirixido a profesionais do turismo en xeral, a técnicos de turismo de institucións, empresas e estudantes, peregrinos, asociacións do Camiño e a todos aqueles que sintan curiosidade polo fenómeno do Camiño no século XXI.
Valo perder!

O domingo 12 de novembro, faremos unha programación especial para todos os públicos con actividades para nenos e familias, onde todo o mundo ten cabida: poderán visitar a feira, a zona de degustación do Fairway cun guiño á gastronomía do Camiño e diferentes ofertas de lecer nun marco excepcional. Pasa un día diferente e anímache a vir gratis ao Fairway.
Domingo 12 entrada gratuita para todo o mundo!

 

  • 14/11/2017
    16:00 hs
    > Fairway roadshow

    José Manuel Andrade Calvo (Fundación Juana de Vega)

    Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de A Coruña, desenvolveu a súa carreira profesional dende 1997 na fundación Juana de Vega, da que é director dende 2005.

    É profesor do Departamento de Economía Financieira e Contabilidade da Universidade de A Coruña. Participou en numerosos cursos e seminarios sobre cuestións relacionadas co sector agroalimentario de Galicia e publicou artículos sobre este tema.

    D. Enrique Sáez Ponte (Presidente de la Fundación Juana de Vega)

    Realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Economía e Dereito. Posteriormente, especializouse en Administración e Negocios no IESE de Barcelona.

    É presidente da Fundación Juana de Vega, patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Tamén conta con ampla experiencia profesional na empresa privada: traballlou durante trinta no Banco Pastor, onde ocupou postos de alta dirección.

  • 17:00 hs
    > Panel Afterway: O Camiño do despois

    Mercedes Parrado Rodríguez

    Xerente da Pulpería Ezequiel de Melide, negocio familiar fundado en 1960 e que co paso do tempo foise especializando no servizo ao peregrino, converténdose nun dos referentes gastronómicos do Camiño Francés.

    Begoña Valdomar Insua

    Hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra e vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, funcións que compaxina coa súa labor no Concello de Fisterra, ao frente da Oficina de Información Turística e de Información Xuvenil.

    Mónica e Silvana Crisóstomo Besada (Emprendedoras en Ideas Peregrinas Pilgrim Store)

    Silvana Crisóstomo Besada é licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Escola de Negocios Caixanova, Máster en Asesoría Financieira e Xestión de Patrimonios, e European Financial Advisor, é asesora financieira con máis de 12 anos de experiencia en Banca Privada.

    Mónica Crisóstomo Besada está especializada en Organización e Dirección Turística e en Deseño Gráfico Publicitario, conta con ampla experiencia en planificación turística, compaxinando a súa labor en Ideas Peregrinas coa súa actividade como consultora de turismo en Sherpa Project.

    Ambas son socias e creadoras de Ideas Peregrinas-Pilgrim Store, un concepto ideado para dar un servizo integral ao peregrino localizado en Tui, galardoado en 2017 co premio Santiago de Compostela na categoría “Iniciativas desenvolvidas por pequeñas e medianas empresas”.