Congreso
Un espazo para a reflexión, a análise, a formación e máis o debate aberto, sen fisuras, onde todo o mundo ten cabida co único propósito de melloraren, difundir e transmitir as conclusións sobre o que alí se debate ás institucións e organismos que teñen algún tipo de competencia sobre o Camiño de Santiago.
O congreso é...
- un espazo para a reflexión sobre o presente e o futuro do Camiño dende unha perspectiva global
- un marco para crearen grupos de traballo sobre o Camiño
- unha área para o coñecemento e o intercambio de perspectivas sobre as vías de peregrinación do mundo
- un lugar de traballo para detectar e solucionar conflitos que afectan ao Camiño
- o altofalante dos investigadores, estudosos, amigos... do Camiño
- a palestra que conxuga tradición e innovación
- un espazo para o diálogo, as experiencias e os valores do Camiño
- unha reflexión para que persoas e personaxes falen no Camiño do Despois.
- un marco para a formación, o coñecemento de tendencias, presentación de produtos e TICs de interese para as empresas do Camiño
- o lugar onde as distintas administracións poderán reunirse nun formato propicio para xuntaren esforzos
Existen 4 paneis específicos para o congreso:
Panel 1: Camiño Outsites: Outros aspectos do Camiño
Un espazo con relatores expertos que nos introduciran noutros aspectos máis exógenos sobre o Camiño de Santiago: a seguridade, a acolleita, o marketing, cuestións todas elas que preocupan ou chaman a atención daqueles que están no Camiño: peregrinos, empresas de servizos e institucións.
Panel 2: “O Camiño do despois”. Un camiño emocional que deixa pegada
Historias conmovedoras de persoas e personaxes que falarán, nun formato innovador inspirado no TED, por que o Camiño cambiou as súas vidas. Historias conmovedoras cun marcado carácter emocional de persoas anónimas ou persoeiros que gozaron da experiencia do Camiño de Santiago.
Panel 3: Os outros Camiños
Moitos son os Camiños no Mundo. O liderado do Camiño de Santiago serve como espazo de reflexión para coñecermos experiencias similares doutros camiños que están a coller relevancia a nivel mundial.
Panel 4. Camiño Insights: A xestión dos Camiños.
Un punto de encontro para que todos os axentes implicados no Camiño de Santiago dialoguen sobre todos aqueles aspectos de debate, baixo a única perspectiva de sacar conclusións, medidas correctoras e sensibilizar da importancia da estratexia de mellora continua na xestión dos Camiños de Santiago.
Panel 5. Camino Kids & Family
O Fairway, o domingo 18, na que a entrada será gratuíta para todo o mundo, propón un día diferente en que os nenos e familias poden disfrutar de actividades como concursos de tortas, de fotografía, de debuxa, talleres...