+34 981 573 145

D. Enrique Sáez Ponte

ponente

Presidente de la Fundación Juana de Vega

Realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Economía e Dereito. Posteriormente, especializouse en Administración e Negocios no IESE de Barcelona.

É presidente da Fundación Juana de Vega, patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Tamén conta con ampla experiencia profesional na empresa privada: traballlou durante trinta no Banco Pastor, onde ocupou postos de alta dirección.

Ponencia: A Fundación Juana de Vega

A fundación Juana de Vega ten por obxeto promover o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia, con especial dedicación á formación da súa poboación activa, á preservación do seu entorno natural e humano e á mellora da súa base económica e das actividades con elas relacionadas.

Entre as nosas líneas de traballo atópanse a promoción agroalimentaria, a paisaxe e o territorio que desenvolvemos a través da Escola Galega de Paisaxe Juana de Vega, a Investigación nos ámbitos agrario e forestas e as actividades desenvolvidas a través da Catedra Juana de Vega creada, na Universidade de Santiago, para difundir a vida e obra da nosa fundadora e o seu contexto histórico.

Neste marco, os Camiños de Santiago preséntanse como unha clara oportunidade para cumplir co obxeto da Fundación Juana de Vega. Presentes en 139 dos concellos de Galicia e aglutinando o 72% da poboación, os Camiños constitúen unha poderosa ferramenta de desenvovemento territorial, a partir da posta en valor do patrimonio cultural, natural e inmaterial.

14
Novembro
16:00 hs