Fairway roadshow
Moderador On the Way of Heaven: Paula Pajaro de COPE Galicia.
-
13/11/201716:00 hs> Fairway roadshow
On The Way of Heaven
Alessandro Scafi (Doutor en Historia Cultura Medieval e Renacentista en The Warburg Institute)
Profesor de historia medieval e renacentista no Instituto Warburg, Escola e Estudios Avanzados da Universidade de Londres. Dende 2011, e xunto a John Took, dirixe no Instituto Warburg (e dende 2016 no Instituto Italiano de Cultura) unha serie de lecturas de Dante.
Autor de libros como Mapping Paradise: A History of Heaven on Earth, e de ensaios sobre diversos aspectos da historia da cartografía e o peregrinaxe. Alessandro Scafi publicou varios artigos sobre Aby Warburg, a relación entre os renacentistas Italianos e os Húngaros e sobre a arte e a literatura italiana, en particular sobre Dante e Aeneas Sylvius Piccolomini.
Tamén é autor de audioguías para museos e exposicións e contribuiu a varias emisións culturais como Arte, Zweites Deutsches Fernsehen, the BBC, Radio Rai, Swiss Radio e Radio Vaticano. Ademáis contribue ao suplemento literario de The Times, L'Osservatore Romano e Il Sole 24 Ore.
-
17:00 hs> Fairway roadshow
Common Presentation of The Dual Pilgrim Project: Camino de Santiago & Kumano Kodo
Flavia Ramil Millarengo (Gerente de Incolsa, Turismo de Santiago)
Licenciada en psicoloxía pola USC, Master en Xestión de Destinos e empresas turísticas e MBA en Comercio Exterior.
Directora Xerente de Turismo de Santiago desde xullo de 2016, anteriormente desde xaneiro de 2000 a xullo 2016 ocupou o cargo de Xefa de Area de Turismo e Promoción na mesma empresa. De 1995 a 1999, xefa da oficina de Turismo de Galicia en Santiago de Compostela.
Brad Towle (International Tourism promotion and development director for the Tanabe City Kumano Tourism Bureau)
International Tourism promotion and development director for the Tanabe City Kumano Tourism Bureau
-
18:15 hs> Fairway roadshow
Presentación Spacio Vita: "Camina-T, Desarrollo Humano en el Camino de Santiago
NeKane Soto Guerrero (Experto en Coaching Transpersonal, de Equipos y Liderazgo sistémico)
Licenciada en Pedagoxía Social, pola Universidade de Murcia. Diplomada en Educación Social, pola Universidade de Deusto, Bilbao. Especialista en Coaching de Equipos e Liderazgo Sistémico e experta en Coaching, certificada por ASESCO y ACSTH (CAC nº10402), por Crearte Coaching en Madrid. Máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos por EUDE en Madrid. Diplomada especialista universitaria en Orientación Profesional, máster superior en PRL, especialista en Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada e diplomada especialista universitaria en Técnico de Inserción Sociolaboral, pola Universidade Politécnica de Valencia.
-
14/11/201716:00 hs> Fairway roadshow
José Manuel Andrade Calvo (Fundación Juana de Vega)
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de A Coruña, desenvolveu a súa carreira profesional dende 1997 na fundación Juana de Vega, da que é director dende 2005.
É profesor do Departamento de Economía Financieira e Contabilidade da Universidade de A Coruña. Participou en numerosos cursos e seminarios sobre cuestións relacionadas co sector agroalimentario de Galicia e publicou artículos sobre este tema.
D. Enrique Sáez Ponte (Presidente de la Fundación Juana de Vega)
Realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Economía e Dereito. Posteriormente, especializouse en Administración e Negocios no IESE de Barcelona.
É presidente da Fundación Juana de Vega, patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Tamén conta con ampla experiencia profesional na empresa privada: traballlou durante trinta no Banco Pastor, onde ocupou postos de alta dirección.