Mesa 4 - Marca Galicia. Marca Camiño: Camiño de Fisterra-Muxia
De entre todos os produtos que compoñen a oferta turística de Galicia, o Camiño de Santiago é o que máis nos achega ao mercado internacional. De acordó á Oficina de Atención ao Peregrino, máis do 55% dos peregrinos que nos visitaron en 2016 eran de fóra de España (e destes, máis do 30% procedían de fóra de Europa).
Cada vez é máis frecuente que os peregrinos alonguen a súa viaxe e continúen polo Camiño de Fisterra-Muxía, que en 2017 celebra o seu ano, de acordo ao Plan Director do Camiño de Santiago en Galicia. En concreto, o número de Fisterranas creceu de 367 en 1997 a 24.296 en 2015, o que progresivamente está reposicionando a Galicia como un dos “fins do mundo” de Europa.
Mentres para algún, a promoción conxunta do Camiño de Santiago-Camiño a Fisterra-Muxía é unha estratexia para prolongar a estancia dos peregrinos en Galicia, e consideran urxente a necesidade de implantar un punto de información permanente en Santiago; outros reivindican o papel da capital galega e da Catedral como meta do Camiño. Se analizará esta cuestión dende o punto de vista da imaxe de marca e se debatirán as posibles actuación sao respecto diso.
Así mesmo, expoñeranse as necesidades deste Camiño, con especial referencia aos servizos de informaciñon durante a ruta e os sistemas de control e medición de peregrinos.
Por último, en relación ña marca, debaterase sobre que imaxe sobre Galicia xera o Camiño. En particular, abordaranse estratexias para mellorar a nosa competitividade, como poderían ser o lanzamento dunha credencial unificada, a instalación e mantemento da señalización e a conveniencia de establecer protocolos de información en situación de emerxencia.