Fairway é
- un espazo que aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude
- un lugar de reflexión para encararmos as necesidades e problemas deste itinerario cultural europeo, equilibrando os enfoques espiritual, relixioso e cultural coas ópticas turística e económica.
- o punto de encontro necesario de oferta e demanda, para dar consistencia ao produto turístico xerado arredor das rutas a Santiago de Compostela
- cultura, gastronomía e innovación en torno á vía xacobea
- internacionalización da rúa maior de Europa
- intercambio de coñecemento, xeración de valores culturais, espirituais e económicos
- liderado nas rutas de peregrinación, un fenómeno en auxe
- un espazo de traballo multinivel para as distintas administracións implicadas
- unha iniciativa aberta lanzada dende Santiago que sabe que os Camiños que levan a esta cidade son moito máis ca ela soa
- un lugar onde comprometerse e pórse a traballar en beneficio da ruta xacobea por enriba das diferenzas