+34 981 573 145

Mesa 3 - Invertir no Camiño: Camiño Francés

14/11/2017
16:00 hs

As oportunidades que xera o Camiño en termos de dinamización socioeconómica, conducen a un aumento do emprendemento e a inversión ao redor del. De acordo á Oficina de Atención ao Peregrino, o número de peregrinos que escollen o Camiño Portugués ou o Camiño Portugués pola Costa multiplicouse por 8 no periodo 2006-2016.

Este despegamento provocou a aparición de iniciativas empresarias que dinamizan as economías rurais e que dan resposta a necesidades dos peregrinos que, ata agora, non se ontemplaban (transporte, mensaxería, actividades, recuperación física, etc.).Neste contextom analizaranse os condicionantes que afecan aos emprendedores no Camiño, tomando como exemplo o caso do Camiño Portugués que, no ano 2018 celebrará o seu ano, de acordo ao Plan Director do Camiño de Santiago de Compostela.

Así mesmo avaliarase a importancia da coordinación pública no caso das rutas con dobre variante, como é o caso do Camiño Portugués da Costa, un dos productos turísticos que a Deputación de Pontevedra promocionou de modo máis intenso ao longo do último ano. Prestarase especial atención aos retos qie supón esta situación dende o punto de vista da planificación, señalización e a promoción a escala autonómica e provincial.

Por último, farase referencia á cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal, abordando cuestión como a señalización común ou a coordinación e xestión do transporte dende Portugal no caso do Camiño Portugués pola costa.