Fairway City
A programación cultural do FAIRWAY pretender completar o II Forum Internacional do Camiño, ofrecendo unhas atractivas actividades complementarias para os participantes que veñen de fóra e para os propios habitantes da cidade de Compostela.
Tendo como eixe da programación esta ruta milenaria, que se considera foi o fio conductor polo que se vertebrou a culura europea, poderemos gozar de variadas disciplinas: música, fotografía, gastronomía, narración oral...
Axenda Cultural do Fairway
-
05/11/2017
Maratón Fotográfico: Qué ve a Catedral?
Día a día miles de persoas de todo o mundo e de Santiago pasamos ao seu lado, fotografiamola, admirámola, enchemos as redes coa súa silueta. ¿E se a Catedral tivese Facebook ou Instagram? ¿Qué contaría? Un concurso para cambiar un rato a mirada.
-
12/11/2017
Exposición "Camino Blanco - Camino Antártico"
Un total de 62 fotografías compoñen a exposición "Camino Blanco - Camino Antártico" coa que Correos rende homenaxe aos científicos e militares españois que participaron na I Peregrinación Antártica a Santiago: 14.075 kilómetros, na ruta xacobea máis larga ata a fecha.
-
12/11/2017
Entrega de premios do concurso de debuxo escolar do FAIRWAY: 'O meu Camiño de Santiago'
Este certame arranca coa intención de invitar a todos os rapaces e rapazas de educación primaria a participar nun concurso de debuxo escolar, organizado grazas á colaboración do departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, que vai ter lugar no marco do Fairway, un Forum internacional sobre El Camino de Santiago, que vai a incluir Feira e Congreso. Celebrarase do 12 ao 14 de Novembro.
-
12/11/2017
Presentación "Apuntes Botánicos do Camiño de Santiago"
Ante todo, hai que deixar claro que a intención destes apuntes botánicos non é facer unha “Guía do Camiño de Santiago”ao uso das moitas e moi boas que hai xa, senón que o libro pretender dar a coñecer as principais especies e formacións vexetais que se localizan ao longo do Camiño, entendendo este como un auténtico “corredor verde”, de máis de 740 kilómetros de lonxitude, así como citar alguna das especies que dependen delas, ou as empregan, para subsistir.
-
12/11/2017
O xogo da Oca do Camiño de Santiago
O xogo da Oca do Camiño de Santiago ten unha dobre función: por un lado o aspecto divulgativo, xa que serve de recordatorio daqueles lugares polos que pasan os peregrinos, e por outro, o puramente lúdigo, xa que se trata dun xogo moi coñecido e que poden compartir persoas de calquera idade ou lugar.
-
12/11/2017
Taller: Músicas no Camiño Portugués: De Lisboa a Compostela. Adufeiras do Salitre (Actividade Formativa)
Neste taller exploraremos as relacións entre Galiza e Portugal a través das súas músicas e empregando como fío conductor o Camiño portugués. Deterémonos en melodías e ritmos situados ás dúas marxes do Miño, destacando similitudes e diferenzas.
-
12/11/2017
Carlos Blanco e o Camiño de Santiago
Para alguén que vivíu 30 anos en Santiago facer o Camiño seria algo así como dar unha volta.
Carlos fixo o Camiño no seu día; fixo dous en realidade, e ten a idea de facer algún máis e plasmálo nos escenarios.
Xa o fixo de feito cun espectáculo chamado "Só" no que narraba, en clave de humor, aquela experiencia.
-
12/11/2017
Entrega de Premios Concurso fotográfico "Os valores do Camiño"
Correos e iPeregrinos puxeron en marcha este concurso para premiar as mellores imáxenes que reflectisen os valores do Camiño.
O concurso realizous durante os meses de xullo e agosto, e as premiadas estarán en exposición durante a Feira.
-
12/11/2017
Concerto IN FESTO SANCTI JACOBI- VOX STELLAE
Son moitos os compositores, especialmente en España, que compuxeron músicas para as solemnidades do Apóstolo Santiago, ben sexa para a conmemoración do seu martirio (25 de xulio) ou para a da traslación dos seus restos (30 de decembro). O repertorio a interpretar neste concerto pretende ser unha mostra das composicións dedicadas a Santiago dende o século XII ata o século XVIII, incluindo música dos arquivos das catedrais galegas de Santiago de Compostela e Tui; eobras de grandes autores do renacemento.
-
12/11/2017
Taller Monográfico de música tradicional no Camiño - Xavier Díaz
Xabier Diaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que levou a escea os espectáculos Alento, Engado e Tradición por toda a península Ibérica.
Neste obradoiro coñeceremos os instrumentos tradicional galegos relacionados co Camiño e aprenderemos a realizar sencillas pezas.
-
12/11/2017
Contacontos para nenos: Palabras Máxicas para Camiñantes. Soledad Felloza
Contos e historias para percorrer o mundo.
Sendeiros que trancorren entre estrelas, castelos, bosques encantados, mares inmensos...
Portas que só se abren se sabes dicir as palabras adecuadas.
-
14/11/2017
Repostería Tradicional do Camiño de Santiago con Manuel Garea
A través de este taller descubriremos os postres máis emblemáticos do camiño : Tarta Santiago, Almendrados, Torta de Guitiriz e Bicas.
As deliciosas receitas destacan por un proceso no que os coidados ingredientes e a súa realización seguindo os artesanais procesos, son a clave para conseguir unha sobremesa cun encanto especial.