Fairway é
Fairway é
O Fairway é o I Forum do Camiño de Santiago. O primeiro congreso con feira tematizado co fenómeno do Camiño de Santiago a nivel internacional.
As seccións máis relevantes do Fairway serán:
- Fairway Forum: O congreso.
- Fairway Market: Feira de Exposicións, Workshop do Camiño e Pitch Show.
- Fairway Out: actividades paralelas ao Congreso na cidade de Santiago de Compostela.
Fairway é…
- un espazo que aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude
- un lugar de reflexión para encararmos as necesidades e problemas deste itinerario cultural europeo, equilibrando os enfoques espiritual, relixioso e cultural coas ópticas turística e económica.
- o punto de encontro necesario de oferta e demanda, para dar consistencia ao produto turístico xerado arredor das rutas a Santiago de Compostela
- cultura, gastronomía e innovación en torno á vía xacobea
- internacionalización da rúa maior de Europa
- intercambio de coñecemento, xeración de valores culturais, espirituais e económicos
- liderado nas rutas de peregrinación, un fenómeno en auxe
- un espazo de traballo multinivel para as distintas administracións implicadas
- unha iniciativa aberta lanzada dende Santiago que sabe que os Camiños que levan a esta cidade son moito máis ca ela soa
- un lugar onde comprometerse e pórse a traballar en beneficio da ruta xacobea por enriba das diferenzas
Ficha Técnica
Sector: Viaxes, Turismo, Ocio.
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia · Santiago de Compostela
Datas: do 15 ao 18 de outubro 2015
Periodicidade: Bienal.
Edición: Primeira edición.
Eido: Internacional
Perfil expositor (Fairway Market): empresas e/ou institucións implantadas ou que ofrecen servizos na área de influencia de calquera dos Camiños de Santiago.
Perfil do visitante (Fairway Forum & Market):
- Público profesional: axencias de viaxes, hoteis, albergues, casas de turismo rural, minoristas, maioristas, empresas turísticas receptivas, empresas de servizos
- Administración: institucións turísticas, dirixentes políticos e cargos das administracións implicadas
- Xeral: peregrinos, persoas interesadas no Camiño e/ou na programación deseñada para o evento