José Manuel Andrade Calvo
Fundación Juana de Vega
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de A Coruña, desenvolveu a súa carreira profesional dende 1997 na fundación Juana de Vega, da que é director dende 2005.
É profesor do Departamento de Economía Financieira e Contabilidade da Universidade de A Coruña. Participou en numerosos cursos e seminarios sobre cuestións relacionadas co sector agroalimentario de Galicia e publicou artículos sobre este tema.
Ponencia: Encamiñando
Tras varias experiencias previas, a Fundación Juana de Vega proponse emprender unha reflexión que, a partir do recoñecemento das diversas perspectivas e enfoques, abra a porta desde o ámbito académico a novas competencias e oportunidades profesionais na xestión dos usos dos Camiños e, por extensión, dos Itinerarios culturais.
“Encamiñando”, preséntase como un “obradoiro” teórico-práctico cuxa singularidade reside na combinación dunha formación intensiva inicial, coa realización do Camiño (acompañada de mesas redondas con axentes territoriais). O obxetivo inicial do “obradoiro” é que os alumnos formulen proxectos propositivos, elaborados tras un tempo de traballo tutorizado, orientados a poñer en valor os recursos do territorio. Estes proxectos serán compartidos nunha plataforma virtual específica para difusión xeral entre diversos axentes interesados.
Novembro