+34 981 573 145

Mercedes Parrado Rodríguez

ponente

Xerente da Pulpería Ezequiel de Melide, negocio familiar fundado en 1960 e que co paso do tempo foise especializando no servizo ao peregrino, converténdose nun dos referentes gastronómicos do Camiño Francés.

Ponencia: O Camiño é unha bendición

Inaugurada en 1960, nestes 57 anos a Pulpería Ezequiel pasou de ser un restaurante orientado ao cliente local a converterse nunha das paradas gastronómicas habituais dos peregrinos do Camiño Francés. Esta transformación inico¡iouse na década de 1990 e continúa ata a actualidade, o que supón unha “bendición” para moitas familias, que poden continuar vivindo e traballando nos seus lugares de orixe.

O reto pasa por lograr que a experiencia do peregrino non se deteriore. No noso caso, defendemos a necesidade de manter a esencia do negocio, o seu carácter tradicional e a atención personalizada, pois as recomendacións que fan os nosos clientes son nosa mellor ferramenta de promoción.

14
Novembro
17:00 hs