+34 981 573 145

Begoña Valdomar Insua

ponente

Hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra e vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, funcións que compaxina coa súa labor no Concello de Fisterra, ao frente da Oficina de Información Turística e de Información Xuvenil.

Ponencia: A acollida ao peregrino no fin do mundo

Independentemente de cal sexa a súa motivación, o peregrino deixa a súa contorna cotiá para enfrentarse a unha experiencia física, humana e espiritual que, con frecuencia, conduce a un profundo exercicio de introspección. Nos albergues cúbrense as necesidades básicas do peregrino (aloxamento, aseo e alimentación), pero especialmente importante é a atención as súas necesidades humanas, a acollida ao peregrino.

No caso de Fisterra, a inauguraión do albergue público o 30 de marzo de 1999 marca un antes e un despois no servizo ao peregrino. Dende que se repartiu a primeira fisterrana en 1997, o número de peregrinos non deixou de crecer, e, da súa man, multiplicáronse os aloxamentos e servizos ao longo do camino.

Neste contexto de rápido crecemento, é fundamental non deixarnos levar pola “mercantilización”. Unha das claves do éxito do Camiño pasa pola experiencia vital e humana que supón, o que require ter presente a importancia da acollida ao peregrino, unha das características fundacionais do Camiño, como demostran os numerosos hospitais creados na Idade Media para atender a quen se dirixía a Santiago.

14
Novembro
17:00 hs