Mónica e Silvana Crisóstomo Besada
Emprendedoras en Ideas Peregrinas Pilgrim Store
Silvana Crisóstomo Besada é licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Escola de Negocios Caixanova, Máster en Asesoría Financieira e Xestión de Patrimonios, e European Financial Advisor, é asesora financieira con máis de 12 anos de experiencia en Banca Privada.
Mónica Crisóstomo Besada está especializada en Organización e Dirección Turística e en Deseño Gráfico Publicitario, conta con ampla experiencia en planificación turística, compaxinando a súa labor en Ideas Peregrinas coa súa actividade como consultora de turismo en Sherpa Project.
Ambas son socias e creadoras de Ideas Peregrinas-Pilgrim Store, un concepto ideado para dar un servizo integral ao peregrino localizado en Tui, galardoado en 2017 co premio Santiago de Compostela na categoría “Iniciativas desenvolvidas por pequeñas e medianas empresas”.
Ponencia: Ideas Peregrinas: un camiño paraemprender
Tras unha carreira de especialización en dous campos tan diferentes como o financiero e o turístico, estas dúas irmáns decidiron emprender un negocio xuntas aportando a experiencia adquirida. Idearon un concepto de negocio innovador e diferente especializado no camiño, unha idea que comezou coa súa primeira peregrinación e o convencemento do potencial que ten o Camiño de Santiago, Tui como destino turístico e que se che apaixona o que fas ese é o mellor paso para dar cada día.
Ideas Peregrinas é un espazo onde o peregrino pode atopar todo o que necesita para realizar a súa vivencia, unha parada onde informarse, relaxarse, tomar café ecolóxico, comida saudable, descanso ou aprovisionarse de material técnico. Ademáis converteuse nun espazo onde conviven peregrinos con clientes locais que se converten en anfitrións de Tui e participan formando parte dos recordos de quen fai o Camiño Portugués.
Novembro