Blog
-
Camiño da Prata: Atravesar España peregrinando
14 Marzo 2018Cada un dos camiños que levan a Santiago de Compostela é perfecto para un tipo de peregrino. Quen busca un reto na súa ruta ou desexan cruzar unha paisaxe montañosa, escollen o Camiño Primitivo; quen prefire coñecer centos de persoas na súa viaxe, decántanse polo Camiño Francés, e quen desexa descubrir toda España toman o Camiño da Prata. Queres coñecer por que é perfecta para ti? En Fairway contámoscho!
-
Os peregrinos máis sorprendentes de 2017
26 Xaneiro 2018O Camiño de Santiago pechou 2017 con cifras que baten récords un ano máis. E é que o Camiño vai sumando adeptos que, esta vez, superaron os 300.000 peregrinos vindos de todas partes do mundo. Como é de esperar, entre todos eles, hai quen camiña cara a Compostela por motivos relixiosos, turísticos e persoais, así como quen o fai a pé, en bicicleta e mesmo en cadeira de rodas. Por iso, en Fairway quixemos recompilar as historias máis sorprendentes que vos encherán de emoción, inspiración e fascinación.
-
Juan Antonio Naveira e o sistema patrimonial en Galicia
18 Marzo 2016 -
10 Febreiro 2016
A exploración e o gusto pola natureza estiveron sempre presentes na vida de Susan Mann e leváronlle a descubrir España e Galicia a través do Camiño de Santiago.
Así o contaba na súa ponencia...
-
Antonio Catalán, 25 anos en Camiño
18 Xaneiro 2016Antonio Catalán cóntanos as súas experiencias no Camiño de Santiago, do que considérase forofo, danos o seu punto de vista de alguns aspectos que poderíanse mellorar e ofrece previsións de futuro.
-
Mari Luz Viñas e o Reto do Camiño
15 Xaneiro 2016A ultramaratoniana dominicana Mari Luz Viñas fala sobre a emotiva experiencia que viviu no Camiño de Santiago durante o Reto do Camiño, despois de percorrer 790km en 15 días.
-
Dende Santiago ata Shikoku, o Camiño é circular
6 Setembro 2015Un dos leit motiv do congreso Fairway --e deste blog, está claro-- é reivindicar a universalidade das peregrinacións. Non segue parecendo prodixioso que ao longo da Historia as comunidades humanas repetisen o mesmo fenómeno ao longo do tempo e o diferentes territorios.
-
Unha peregrinación interrelixiosa para dar unha mensaxe de paz ao mundo
31 Agosto 2015Desde o 30 de agosto un grupo de 120 persoas percorrerán 107 quilómetros do camiño Francés, desde a provincia de León ata Compostela. O particular deste numeroso grupo de peregrinos é que está composto por xente de múltiples confesións relixiosas: xudeus, musulmáns, católicos, baha'ís e hindús completarán o Camiño para facer un alegato a favor do diálogo e a paz.
-
A lenda do Graal, un mito globalizado para o Camiño de Santiago
5 Agosto 2015O mito do santo Graal, un dos primeiros contos que calquera habitante do continente podía coñecer e que moitas igrexas e lugares santos afirmaban posuír. Por suposto, a ruta xacobea tamén participou da lenda do Graal, que o fixo seu coma mito global para o Camiño de Santiago.
-
Compostela blues: como queda o noso ánimo despois do Camiño de Santiago?
14 Xullo 2015Sábese cando se empeza a peregrinar pero en que momento queda atrás o peregrino que fomos? Parece unha cuestión superficial pero non son poucos os que falan do post-Camiño blues así que cabe a pregunta: Como queda o noso ánimo despois de facer o Camiño de Santiago?
-
O Camiño de Santiago encara a mundialización
7 Xullo 2015As noticias sobre o proceso de mundialización que encaran os Camiños de Santiago sucedéronse ao longo da semana. Desde os 36.000 peregrinos que alcanzaron a cidade do Apóstolo en xuño ata a declaración do Camiño do Norte e o Primitivo como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco ou a previsión de que este 2015 vai ser o que máis persoas peregrinen ata a cidade. Parece que máis de dúas décadas logo daquel Xacobeo 93, a popularización global parece un feito.
-
Amigos do Camiño de Santiago, unha comunidade que quere permanecer
10 Xuño 2015Esta fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela o primeiro encontro internacional en Galicia das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. Un foro no que o tecido asociativo nado ao redor do fenómeno das peregrinacións atopou unha praza para reflexionar sobre as tarefas e os retos que afrontan os amigos do camiño na súa defensa das vías a Compostela. O principal reto diagnosticado foi o da substitución xeracional porque os Amigos do Camiño de Santiago é unha comunidade que quere permanecer no tempo.
-
"O Reto do Camiño" unha proeza atlética para axudar a nenos doentes
13 Maio 2015A atleta maratoniana Mariluz Viñas leva a súa disciplina deportiva ata o Camiño Francés por unha boa causa: recadar fondos para a Fundación St. Jude, que axuda a nenos con cancro no seu país, a República Dominicana. "O Reto do Camiño", nome da proba, presentouse onte 12 de maio na Sala Eisenman, da Cidade da Cultura.