Blog
Mari Luz Viñas e o Reto do Camiño
A chegada do novo ano serve para comenzar a calentar os motores do Fairway Fórum 2016.
E para que podas ir facendo boca, iremos colgando alguns dos mellores momentos da pasada edición do que foi o primeiro fórum con feria e congreso sobre o Camiño de Santiago.
Na entrada de hoxe, recordamos a presentación de Mari Luz Viñas, quen fora encargada de inaugura-las ponencias do Fairway 2015.
Mari Luz é unha dominicana cunha gran paixón, as carreiras de longo percorrido. Ela é diplomada en Educación Física e foi a primeira e única dominicana en participar nunha ultramaratón no deserto.
Pero a súa afición deportiva no se limita exclusivamente ó ámbito competitivo:
O pasado ano, a atleta decidiu enfrentarse ao que convertiríase no reto máis importante da súa vida, o Reto do Camiño. Ao longo de 15 días (entre o 27 de setembro e o 11 de outubro), percorreu 790km do Camiño de Santiago dende St. Jena Pied de Port,o que se calcula nunha media de 52 km ó día, unha suma total equivalente a 18 maratones. E todo isto por unha boa causa: recaudar fondos para un proxecto da Fundación St. Jude na República Dominicana.
A Mari Luz, o Camiño cambioulle completamente a vida: “es un momento de la vida donde el tiempo se para”. Dende o instante no que decantouse por facer o Camiño, supo que quería facerlo axudando a alguén, e espera que os kilómetros serviran e servan pra axudar aos demáis.
Así no-lo conta na súa emotiva charla: