Blog
Os peregrinos máis sorprendentes de 2017
O Camiño de Santiago pechou 2017 con cifras que baten récords un ano máis. E é que o Camiño vai sumando adeptos que, esta vez, superaron os 300.000 peregrinos vindos de todas partes do mundo. Como é de esperar, entre todos eles, hai quen camiña cara a Compostela por motivos relixiosos, turísticos e persoais, así como quen o fai a pé, en bicicleta e mesmo en cadeira de rodas. Por iso, en Fairway quixemos recompilar as historias máis sorprendentes que vos encherán de emoción, inspiración e fascinación.
Unha cadeira, unha oportunidade
Cando dicimos que todo o mundo pode percorrer o Camiño de Santiago, de verdade o queremos decir. Ter que camiñar xa non é un requisito para a peregrinaxe: as cadeiras de rodas evolucionaron para que quen necesite facer uso delas poidan vivir esta experiencia máxica. Ben o sabe Niria, de 13 anos, e a súa familia, que completaron seis etapas do Camiño Francés cunha cadeira fabricada especialmente para poder realizar esta aventura todos xuntos. Patrick Gray, de Idaho (Estados Unidos), empuxou ao seu amigo Justin Skeesuck en cadeira de rodas ao longo de 800 quilómetros para chegar a Santiago. Agora, planean publicar un libro contando a experiencia.
Un camiño cara ao altar
Durante os seus centos de anos de historia, O Camiño foi o lugar onde numerosas persoas atoparon o amor. Ese foi o caso de Francisco José Donaire e Carmen Virginia Navarro, que se coñeceron peregrinando en 2013 e en 2015 percorreron 3 quilómetros vestidos de noivos. Este ano, o Obradoiro viviu outra escena propia dunha película romántica. Víctor Carazo axeonllouse ante a mirada dos seus amigos e decenas de turistas para pedir matrimonio á súa noiva, Miriam Girón.
Non hai obstáculos posibles
Se falamos de superación, os mozos da Fundación de Síndrome de Down Madrid son gran exemplo deles. Acompañados por colaboradores da fundación, estes mozos con síndrome de Down percorreron 113 quilómetros do Camiño Francés en nove etapas, que foron retratando a través dun blogue e as súas redes sociais. Cal é a túa escusa para non animarte?
A ritmo de Swing
Camiñar paréceche aburrido? E que tal peregrinar bailando? “O Camiño de Swingsantiago” é unha divertida proposta alternativa ás rutas tradicionais, que comezou en Pamplona con destino Santiago, durante a que se intercalaron movementos de swing entre camiñadas. En particular, os participantes movéronse a ritmo de lindy-hop, unha variante do xénero nacida en Nova York nos anos 20.
Camiñando como os maiores
Christopher Nugent ten sete anos, é irlandés e un peregrino de pleno dereito. Este xovenciño completou o Camiño Portugués desde O Porto, nada máis nin nada menos que 200 quilómetros en 11 días acompañado da súa familia. Ao chegar a Santiago, dirixíronse á Oficina do Peregrino na rúa Carretas, onde o pequeno romeiro recibiu o seu tan ansiada e merecida Compostela. Se é que non hai idade para experimentar a emoción do Camiño!
Se ti tamén queres contar a túa propia historia no #CaminoSantiago, non o penses máis e ponte en ruta! Santiago de Compostela está a esperar por ti.