Blog
Unha peregrinación interrelixiosa para dar unha mensaxe de paz ao mundo
Como explicamos nuns cantos post, a experiencia da peregrinación é común e constante en case todas as culturas coñecidas. Trátase dunha experiencia universal que enriquece espiritual e culturalmente ás comunidades humanas. Grazas ás peregrinacións as noticias viaxaban, así como as técnicas artísticas, os avances científicos e a riqueza material. Unha das características que define á sociedade occidental do terceiro milenio é a übercomunicación: podemos coñecer ao minuto o que sucede no outro extremo do mundo pero pola autoestrada da información pode perderse algo tan importante como a experiencia vivida e o contexto. Unha perda que reduce a novidade a mera caricatura,a a banalización do outro cando non pode ser asimilado ás coordenadas culturais preestablecidas. Desde o 30 de agosto un grupo de 120 persoas percorrerán 107 quilómetros do camiño Francés, desde a provincia de León ata Compostela. O particular deste numeroso grupo de peregrinos é que está composto por xente de múltiples confesións relixiosas: xudeus, musulmáns, católicos, baha'ís e hindús completarán o Camiño para facer un alegato a favor do diálogo e a paz.
O grupo ten previsto acabar o seu periplo por León o próximo 6 de setembro. Os peregrinos escolleron o o lema Un mundo diferente é posible para resumir o espírito desta peregrinación, unha idea que tratarán de transmitir alí por onde pase o grupo. O obxectivo é dar a coñecer os valores comúns que comparten as relixións e a súa achega á convivencia e desenvolvemento social.
Esta acción tamén ten o obxectivo de superar as fronteiras e incomunicación que separan as súas distintas crenzas para poder alcanzar unha renovación espiritual que dea resposta ás corrente dominante na sociedade, pegada ao materialismo económico, social, empresarial e científico.
Para profundar nesta mensaxe, o grupo preparou actividades para cada etapa do Camiño. A programación está orientada a dar a coñecer cada confesión para divulgar que é máis o que as une que o que as separa. Haberá tempos de celebración, de compartir, de reflexionar, tempo libre, silencio? Respectásense os tempos de oración de cada confesión e contarase con monxes e líderes espirituais das distintas confesións que poden dirixir oracións e reflexións.
Este espazo de convivencia e diálogo quere ter continuidade, e unha das súas aspiracións é lograr un proceso de encontro interrelixioso entre as distintas comunidades de crentes de España.
A peregrinación está organizada pola Comisión Ibérica do Diálogo Interrelixioso Monástico, a comunidade xudía Masorti Bet-El, a Casa Turca-Arco Fórum, a comunidade budista Dag Shang Kagyu, a comunidade Bahá´í de España, o Foro Abraham e a Asociación Hindú Veda Dharma. En cada etapa un grupo relixioso diferente encargarase da dirección da andadura que percorrerá as localidades de Sahagún, O Burgo de Ranero, Mansilla das Mulas, San Miguel do Camiño, Hospital de Órbigo, Astorga e Rabanal do Camiño. Ademais, a peregrinación será solidaria coa organización Crecendo en Nepal, que axuda a mozas en dificultades deste país tralo terremoto da pasada primavera.