Fairway City
Concerto IN FESTO SANCTI JACOBI- VOX STELLAE
Son moitos os compositores, especialmente en España, que compuxeron músicas para as solemnidades do Apóstolo Santiago, ben sexa para a conmemoración do seu martirio (25 de xulio) ou para a da traslación dos seus restos (30 de decembro). O repertorio a interpretar neste concerto pretende ser unha mostra das composicións dedicadas a Santiago dende o século XII ata o século XVIII, incluindo música dos arquivos das catedrais galegas de Santiago de Compostela e Tui; eobras de grandes autores do renacemento.
Vox Stellae nace no 2002 co motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Unha das súas señas de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular.
Entrada libre ata completar aforamento.