Fairway City
O xogo da Oca do Camiño de Santiago
O Xogo da Oca do Camiño de Santiago está baseado no Camiño Francés, por ser o más coñecido dos Camiños de Santiago. No tableiro vense as 63 casas que compoñen o xogo da oca e en cada unha delas represéntase o máis característico de cada unha desas etapas do Camiño Francés.
Haberá un expositor que acompaña ao xogo cunha descripción do que se ve en cada casa.
O xogo da Oca do Camiño de Santiago ten unha dobre función: por un lado o aspecto divulgativo, xa que serve de recordatorio daqueles lugares polos que pasan os peregrinos, e por outro, o puramente lúdigo, xa que se trata dun xogo moi coñecido e que poden compartir persoas de calquera idade ou lugar.
Poderase visitar e xogar durante todo o tempo que permaneza aberta a Feira pois consiste nun tableiro de 4x4 metros con figuras de diferentes peregrinos/as a modo de fichas e uns dados de grandes dimensións.