Fairway City
Presentación "Apuntes Botánicos do Camiño de Santiago"
Ante todo, hai que deixar claro que a intención destes apuntes botánicos non é facer unha “Guía do Camiño de Santiago”ao uso das moitas e moi boas que hai xa, senón que o libro pretender dar a coñecer as principais especies e formacións vexetais que se localizan ao longo do Camiño, entendendo este como un auténtico “corredor verde”, de máis de 740 kilómetros de lonxitude, así como citar alguna das especies que dependen delas, ou as empregan, para subsistir.
Non obstante o anterior, o libro describe algún detalles relacionados ou non coa natureza (visibles, míticos ou históricos) das localidades polas que se vai pasando, xa que, de non facelo, o futuro peregrino podería perderse algún dos maiores disfrutes da tras, dende un punto de vista holístico do Camiño como un todo material e inmaterial.
Entrada libre ata completar aforamento.