Fairway City
Entrega de premios do concurso de debuxo escolar do FAIRWAY: 'O meu Camiño de Santiago'
Este certame arranca coa intención de invitar a todos os rapaces e rapazas de educación primaria a participar nun concurso de debuxo escolar, organizado grazas á colaboración do departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, que vai ter lugar no marco do Fairway, un Forum internacional sobre El Camino de Santiago, que vai a incluir Feira e Congreso. Celebrarase do 12 ao 14 de Novembro.
http://www.fairwaysantiago.com/
Pretendemos que os nenos e nenas en idade escolar reflexionen sobre o que significa O Camiño para eles, cal sería o camiño que querrían facer, que é ‘ ser peregrino’, ou que significa vivir en Santiago e ver peregrinos chegar.
O prazo de entrega remata o próximo 10 de novembro, puidendo enviar os traballos físicamente ou dixitalmente.
A clase premiada e os gañadores individuais disfrutarán dunha viaxe no Tren turístico de Santiago por cortesía de Autocares Rías Baixas. A entrega de premios será o 12 de Novembro ás 17:00 no Pazo de Congresos de Santiago, onde terá lugar a exposición de todos os debuxos participantes. Neste día de celebración haberá contacontos e outras actividades lúdicas, que se detallan na programación cultural do Fairway City.