Panel Other Ways: outros Camiños no Mundo
Moderadora: Maria Cheda, informativos de Antena 3 Galicia.
-
13/11/201717:15 hs> Panel Other Ways: outros Camiños no Mundo
Fuorivia Egnatia
Giulia Motta (Presidenta de FuoriVia)
Nada en Bolzano (Italia) en 1990. Especializada en Planificación e Políticas para o Medio Ambiente pola Universidade IUAV de Venecia, cursa actualmente estudios de doutorado en Riscos e desenvolvemento territorial no Politécnico de Bari.
Viaxeira dende sempre, defínese como "Wanderlust", palabra alemá formada a partir de "wander" (caminar) e "Lust" (desexo), que expresa a paisón por viaxar e descubrir novos lugares. Practica o sendeirismo dende 2010 e é cofundadora e presidenta de FuoriVia, unha asociación italiana sen ánimo de lucro que centra a súa actividade ao redor das rutas históricas culturais en Europa e o Mediterráneo.
Andrea Radouan Mounecif (Vicepresidente de FuoriVia)
Nacido en Venecia en 1989. Máster en Historia e Ciencias Sociais, cursou os seus estudios na Universidade de Padova, na Universidade París 8 e na Universidade do Santo Espírito de Kaslik (Líbano) antes de continuar a súa especialización en arquivística e xestión documental.
Traballou en arquivos históricos públicos e privados, en materia de procesamento de arquivos e valorización de diversas coleccións de historia contemporánea de Magreb. Na actualidade cursa os seus estudios de doutorado na Universidade Sorbona de París, sendo a súa área principal de investigación a relacionada coa historia económica colonial e postcolonial con particular énfasis na historia social da industria enerxética e a socioloxía do traballo. Apaixonado do sendeirismo dende 2011, é cofundador e vicepresidente de ForiVia, unha asociación italiana sen ánimo de lucro que centra a súa actividade ao redor das rutas históricas culturais en Europa e o Mediterráneo.
-
14/11/201712:00 hs> Panel Other Ways: outros Camiños no Mundo
É directora do Centro de Estudios do Románico e Territorio e Copresidenta da Comisión Científica da Ruta do Románico.
É membro da Dirección Executiva de TRANSROMANICA (itinerario Cultural do Consello de Europa), do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios) e do Consello Editorial do Xornal de Noticias.
Tamén é autora de varios artigos sobre a temática do desenvolvemento rexional, patrimonio, cultura e turismo; e é columnista do proxecto de comunicación online patrimonio.pt
Pedro Manuel Monteiro Machado (Presidente da "Entidade Rexional de Turismo do Centro de Portugal")
É membro do Consello Xeral do Instituto Politécnico de Viseu, presidente da Entidade Rexional de Turismo do Centro de Portugal e presidente da Axencia Rexional de Promoción Turística Externa (ARPT).
É membro cooptado do DGEIT, da ESTH/IGP (Persoalidade externa invitada polo Consello Técnica-Científico da Escola Superior de Turismo e Hostelería do Instituto Politécnico de Guarda), e do DGEI (Persoalidade externa cooptada polos membros do Consello do Departamento de Economía, Xestión e Enxeñería Industrial da Universidade de Aveiro).
Paolo Giuletti (Presidente do Consorcio Francesco's Ways)
Naceu en 1964, é dende fai vinteseis anos sacerdote da diócesis de Perugia, onde agora exerce o seu servizo como bispo auxiliar e vigario xeral. Desde 2001 ata 2007 estivo a carga do Servizo Nacional da Pastoral Xuvenil da Conferencia Episcopal Italiana.