+34 981 573 145

Pedro Manuel Monteiro Machado

ponente

Presidente da "Entidade Rexional de Turismo do Centro de Portugal"

É membro do Consello Xeral do Instituto Politécnico de Viseu, presidente da Entidade Rexional de Turismo do Centro de Portugal e presidente da Axencia Rexional de Promoción Turística Externa (ARPT).

É membro cooptado do DGEIT, da ESTH/IGP (Persoalidade externa invitada polo Consello Técnica-Científico da Escola Superior de Turismo e Hostelería do Instituto Politécnico de Guarda), e do DGEI (Persoalidade externa cooptada polos membros do Consello do Departamento de Economía, Xestión e Enxeñería Industrial da Universidade de Aveiro).

Ponencia: Os 3 eixes do Turismo Relixioso no Centro de Portugal

Turismo do Centro de Potugal sufreu, durante algún tempo e debido a un conxunto de vicisitudes, dunha falta de “marca”.  Sen embargo, nesta ampla e rica variedade, reside unha das súas marcas máis importantes: “Fátima”, que ademáis dos aspectos espirituais e relixiosos que alberga, é unha marca forte, tanto no ámbito nacional como internacional, chegando incluso a ser “maior” que a marca Portugal.

Actualmente está en construción unha plataforma que identifica os camiños que son seguros, sendo fundamental promovelos, tanto no ámbito nacional como internacional, para que as persoas coñezan a experiencia destes camiños alternativos, como son: o Camiño do Tejo que parte de Lisboa, o Caminho do Norte que parte e Valença, o Caminho da Nazaré e o Caminho do Mar que parte de Estoril e Cascais.

O desafío de Turismo Centro Portugal, así como o de outras institucións públicas e privadas, é a promoción integrada do produto relixioso “Fátima”, de forma coordinada con outros produtos, principalmente, e a modo de exemplo, co Patrimonio Histórico e Cultural (monasterios de Batalha e de Alcobaça, o Convento de Cristo –en Tomar-, e a Universidade de Coimbra, Alta e Sofia), e co Turismo Activo e de Natureza (tan ben definido na marca “Serra da Estrela”).

14
Novembro
12:00 hs