+34 981 573 145

Giulia Motta

ponente

Presidenta de FuoriVia

Nada en Bolzano (Italia) en 1990. Especializada en Planificación e Políticas para o Medio Ambiente pola Universidade IUAV de Venecia, cursa actualmente estudios de doutorado en Riscos e desenvolvemento territorial no Politécnico de Bari. 

Viaxeira dende sempre, defínese como "Wanderlust", palabra alemá formada a partir de "wander" (caminar) e "Lust" (desexo), que expresa a paisón por viaxar e descubrir novos lugares. Practica o sendeirismo dende 2010 e é cofundadora e presidenta de FuoriVia, unha asociación italiana sen ánimo de lucro que centra a súa actividade ao redor das rutas históricas culturais en Europa e o Mediterráneo.

Ponencia (con Andrea Radouan): "FouriVia Egnatia: un enfoque multinivel para a rexeneración das rutas culturais históricas"

O desenvolvemento de rutas culturais é unha tendencia moi importante no sector turístico global, que está a contribuír á definición de novas formas de turismo alternativo, como son o turismo sustentable, o ecoturismo ou o “slow travel”. Dende o despegar do Camiño de Santiago a comezos da década de 1990, desenvolvéronse diversos itinerarios, icrementándose así a oferta de “walking tourism” e contribuíndo á definición de enfoques metodolóxicos e de criterios para a xestión de rutas culturais. Dende 2015 a asociación cultural FuoriVia traballa na rexeneración da antiga Via Egnatia, con grupos de investigadores e exploradores que  atravesan os Balcáns dende Durrës a Estambul, iniciativa para a que se prevé unha duración de cinco anos. O obxetivo principal de FuoriVia é deseñar a Via Egnatia como un itinerario a través dun enfoque metodolóxico para o desenvolvemento do “Walking tourism” nesta área do Mediterráneo. Este proxecto permite elaborar un enfoque metodolóxico diferente á planificación de rutas histórico-culturais, posibilitando a construcción dunha rede de institucións e comunidades interesadas na rexeneración da Via Egnatia. Ademáis, un amplo panel de oportunidades diversas emerxerá deste novo enfoque metodolóxico multinivel.

13
Novembro
17:15 hs
Fuorivia Egnatia