+34 981 573 145

Andrea Radouan Mounecif

ponente

Vicepresidente de FuoriVia

Nacido en Venecia en 1989. Máster en Historia e Ciencias Sociais, cursou os seus estudios na Universidade de Padova, na Universidade París 8 e na Universidade do Santo Espírito de Kaslik (Líbano) antes de continuar a súa especialización en arquivística e xestión documental. 

Traballou en arquivos históricos públicos e privados, en materia de procesamento de arquivos e valorización de diversas coleccións de historia contemporánea de Magreb. Na actualidade cursa os seus estudios de doutorado na Universidade Sorbona de París, sendo a súa área principal de investigación a relacionada coa historia económica colonial e postcolonial con particular énfasis na historia social da industria enerxética e a socioloxía do traballo. Apaixonado do sendeirismo dende 2011, é cofundador e vicepresidente de ForiVia, unha asociación italiana sen ánimo de lucro que centra a súa actividade ao redor das rutas históricas culturais en Europa e o Mediterráneo.

Ponencia (con Giulia Motta): "FouriVia Egnatia: un enfoque multinivel para a rexeneración das rutas culturais históricas"

O desenvolvemento de rutas culturais é unha tendencia moi importante no sector turístico global, que está a contribuír á definición de novas formas de turismo alternativo, como son o turismo sustentable, o ecoturismo ou o “slow travel”. Dende o despegar do Camiño de Santiago a comezos da década de 1990, desenvolvéronse diversos itinerarios, icrementándose así a oferta de “walking tourism” e contribuíndo á definición de enfoques metodolóxicos e de criterios para a xestión de rutas culturais. Dende 2015 a asociación cultural FuoriVia traballa na rexeneración da antiga Via Egnatia, con grupos de investigadores e exploradores que  atravesan os Balcáns dende Durrës a Estambul, iniciativa para a que se prevé unha duración de cinco anos. O obxetivo principal de FuoriVia é deseñar a Via Egnatia como un itinerario a través dun enfoque metodolóxico para o desenvolvemento do “Walking tourism” nesta área do Mediterráneo. Este proxecto permite elaborar un enfoque metodolóxico diferente á planificación de rutas histórico-culturais, posibilitando a construcción dunha rede de institucións e comunidades interesadas na rexeneración da Via Egnatia. Ademáis, un amplo panel de oportunidades diversas emerxerá deste novo enfoque metodolóxico multinivel.

13
Novembro
17:15 hs
Fuorivia Egnatia