Rosário Correia Machado
É directora do Centro de Estudios do Románico e Territorio e Copresidenta da Comisión Científica da Ruta do Románico.
É membro da Dirección Executiva de TRANSROMANICA (itinerario Cultural do Consello de Europa), do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios) e do Consello Editorial do Xornal de Noticias.
Tamén é autora de varios artigos sobre a temática do desenvolvemento rexional, patrimonio, cultura e turismo; e é columnista do proxecto de comunicación online patrimonio.pt
Ponencia: A xestión do Patrimonio - O caso da Ruta do Románico
A xestión do patrimonio é sen duda unha cuestión apremiante e de actualidade. A intensa aparición de proxectos de desenvolvemento baseados no patrimonio e nos recursos endóxenos dos territorios, é o resultado relativamente recente da conformación dun amplo conxunto de itinerarios, recorridos e/ou rutas estructuradas.
A ruta do Románico, que suma 12 municipios - Amarante, Baião, Castelo de Paiva, Celorico de Basto, Cinfães, Felgueiras, Lousada, Marco de Canaveses, Paços de Ferreira, Paredes, Penafiel y Resende -, veu a representar para o territorio de Tâmega e Sousa un gran reto, como proxecto dinamizador e potenciador do desenvolvemento rexional, aproveitando un importante patrimonio constituido por 58 monumentos románicos (monasteiros, iglesias, capelas, memoriales, pontes, castelos e torres).
A Ruta do Románico pretende así constituirse como unha estratexia dinamizadora para a (re)construciónda identidade, a través da memoria e dunha nova economía rexional, principalmente na área turística e cultural, a través da promoción, xestión e dinamización do seu patrimonio.
Novembro