+34 981 573 145

Panel Camiño Outsides: outros aspectos do Camiño

Moderador Camiño de Santiago: 30 anos do primeiro itinerario cultural: Cristobal Ramirez da Voz de Galicia, experto no Camiño.

Moderador Accesibilidade no Camiño: Gabi Davila de Cadena Ser.

 

  • 13/11/2017
    10:00 hs
    > Panel Camiño Outsides: outros aspectos do Camiño

    Segundo L. Pérez López (Deán da Catedral de Santiago de Compostela)

    Deán da Catedral de Santiago de Compostela dende o ano 2013, Arquiveiro-Bibliotecario da Catedral de Santiago e profesor do Centro Agregado Teolóxico de Santiago de Compostela dependente da Universidad Pontificia de Salamanca.

    É licenciado e doutor en Teoloxía e licenciado en Filosofía pola Universidad Pontificia de Salamanca. Ampliou os seus estudios no Instituto Francisco Suárez do Consello Superior de Investigacións Científicas (1979-1983) en Roma como becario do Centro Español de Estudios Eclesiásticos, anexo á Igrexa de Montserrat, realizando cursos en varias facultades romanas e como investigador no Arquivo Secreto Vaticano (dende 1982 a 2011).

    María del Carmen Martínez Insua (Directora Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia)

    Directora Xeral de Patrimonio Cultural na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia desde 2013.

    Licenciada en Dereito, obtivo o diploma de directivo e é titulada no curso superior de dereito público. Comezou a súa carreira administrativa na Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS como asesora técnica xurídica, pasando a continuación a desenvolver cargos na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. No ano 1996 comeza a prestar servizo na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, primeiro en persoal e promoción estudantil e logo nas xefaturas de servizo de programación, contratación e equipamento. Tamén ostentou responsabilidades de apoio técnico e administrativo na Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia  da Consellería de Facenda e desempeñou, entre os anos 2009 e 2013, o posto de subdirectora xeral de construcións e equipamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    José Mª Ballester Fernández

    Experto en Patrimonio. Foi, ata 2005, director de Cultura e de Patrimonio Cultural e Natural do Consello de Eurropa. Foi responsable da proclamación do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo.

  • 14/11/2017
    10:00 hs
    > Panel Camiño Outsides: outros aspectos do Camiño

    Jesús Hernández Galán (Director de Accesibilidade da ONCE)

    Since 2003 he is Director of Universal Accessibility and Innovation of the ONCE Foundation. Doctor of Forestry Engineering, he has completed a Master's Degree in Business Management and a Master's Degree in Environmental Management. In addition, PDG by IESE, Expert in Innovation by Standford University and the London School of Economics and Global Management Certificate by the Thunderbird Global Management School.

    Rafael Sánchez Bargiela (Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo)

    Director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo desde 2014. É licenciado en Xeografía e Historia, na sección de Historia e coa especialidade de Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela, contando coa especialización en Arquivística e Biblioteconomía pola mesma universidade. 

    Simón Neira Dueñas (Xerente de Geozzy.com)

    Enxeñeiro Informático pola Universidade da Coruña especializado en sistemas ubicuos. Traballou durante 7 anos na Fundación Amancio Ortega como coordinador de tecnoloxía dos seus proxectos educativos e sociais.

    Tras fundala no 2008, simón Neira Donas xestiona a empresa INNOTO SL, unha consultora enfocada a tender unha ponte entre Internet, a educación, a divulgación e participación cidadá a través do uso de mapas on-line interactivos. Desde ao ano 2016, INNOTO S.L. focalízase en Geozzy.com: unha solución tecnolóxica para a promoción turística e a divulgación-interpretación do patrimonio a través de Internet.