Rafael Sánchez Bargiela
Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo desde 2014. É licenciado en Xeografía e Historia, na sección de Historia e coa especialidade de Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela, contando coa especialización en Arquivística e Biblioteconomía pola mesma universidade.
Ao longo da súa carreira exerceu como director do Museo, Biblioteca e Arquivo do Concello de Ponteareas; técnico de arquivo, biblioteca e museo do Concello de Tui e profesor titor da Universidade Nacional de Educación a Distancia de Pontevedra. Ademais, é autor dunha decena de libros vinculados coa historia e patrimonio de diversas localidades galegas; ten publicado numerosos artigos, tanto en revistas de estudos e investigación, como en prensa diaria; e ten participado en proxectos de investigación en materia de museos e patrimonio.
Novembro