+34 981 573 145

Simón Neira Dueñas

ponente

Xerente de Geozzy.com

Enxeñeiro Informático pola Universidade da Coruña especializado en sistemas ubicuos. Traballou durante 7 anos na Fundación Amancio Ortega como coordinador de tecnoloxía dos seus proxectos educativos e sociais.

Tras fundala no 2008, simón Neira Donas xestiona a empresa INNOTO SL, unha consultora enfocada a tender unha ponte entre Internet, a educación, a divulgación e participación cidadá a través do uso de mapas on-line interactivos. Desde ao ano 2016, INNOTO S.L. focalízase en Geozzy.com: unha solución tecnolóxica para a promoción turística e a divulgación-interpretación do patrimonio a través de Internet.

Ponencia: Accesibilidade para a promoción, divulgación e interpretación dixital de rutas culturais

Un repaso actual e realista de como o mundo dixital pode mellorar a accesibilidade ás rutas culturais.

Tratarase esta temática desde o punto de vista da promoción turística, do apoio in-situ ao visitante, así como desde unha visión divulgadora-interpretativa do patrimonio histórico, artístico e/ou ambiental presente ao longo das rutas.

14
Novembro
10:00 hs