Hosted Buyers
A organización do Fairway invitou aos principais operadores turísticos a nivel nacional e internacional que teñen o Camiño de Santiago como produto que para que as empresas que así o desexen- axencias, hoteis, albergues, institucións...-, poidan axendar reunións de traballo coordinadados coa organización do workshop de Fairway e así ofrecer os seus produtos e servizos co obxecto de formalizar negocios directamente con este tipo de operadores.
Desde esta web podes reservar diretamente para garantir a túa praza. Logo deberás cubrir o formulario do workshop nun pdf editable aquí, enviárnolo e empezaremos a contactarte para que pechar as túas citas cos hosted buyers que andan buscando os teus produtos ou servizos.
Aquí tes unha pequena mostra do listado de operadores turísticos cos que che poderás reunir no workshop do Fairway.
Aproveita a oportunidade!!!!!
Ás do Mundo Axencia de Viaxes e Turismo
Ás do Mundo – Axencia de Viaxes e Turismo iniciou as súas actividades en setembro do ano 2011, recentemente cumpriu cinco anos de exitosa traxectoria no mercado do turismo, en especial, do turismo maiorista orientado ao tratamento de grupos de viaxeiros con tarifas especialmente deseñadas para eles.
Desde o comezo das súas actividades, a súa especialidade foi o tratamento de grupos de viaxeiros con intereses común no destino seleccionado: Peregrinos, Estudantes, Deportistas, entre outros; sen embargo, co paso do tempo fortaleceuse no tratamento do turista regular a destinos como O Caribe, Estados Unidos, Europa e Costa Colombiana, axustando os seus presos e características ás necesidades particulares de cada pasaxeiro.
Booking.com
Booking.com fundouse en Ámsterdam en 1996 e pasou de ser unha pequeña start-uo holandesa a unha das maiores empresas e-commerce de viaxes de todo o mundo. Booking.com forma parte de The Priceline Group (NASDAQ:PCLN) e conta con máis de 15.000 traballadores en 204 oficinas de 70 países de todo o mundo.
CaminoWalks
CaminoWalks é un pequeño operador turístico con sede en Gudbrandsdalen, Noruega. Ofrecemos visitas guiadas ao Camiño de peregrinación cara a Nidaros, Noruega, así como visitas guiadas e auto-guiadas ao Camiño Francés en España. Ata agora ofrecemos visitas guiadas dende Sarria, dende St. Jean Pied de Port e dende Santiago cara Finisterre. Tódolos tours teñen unha duración de 5-8 días.
CaminoWays.com
CaminoWays.com é un dos touroperadores máis importantes no Camiño de Santiago. Con base en Dublín, CaminoWays.com é un equipo multicultural formado por profesionais do turismo con anos de experiencia e pasión polo Camiño, o senderismo e o cicloturismo.
CVC
CVC Brasil Operadora e Axencia de Viaxes S.A. é o touroperador máis grande de Latinoamerica. Xunto coas súas sucursais e franquicias, ofrece produtos e servizos turísticos en Brasil e internacionalmente. Proporciona intermediación, billetes de avión, transporte terrestre, reservas de hoteis, cruceiros, intercambios culturais e profesionais e outros servizos turísticos.
Escapadarural.com
Escapadarural.com é unha plataforma web dedicada á promoción de aloxamentos rurais en toda España. En 10 anos converteuse nun referente no sector do turismo rural, apoiando ao propietario e inspirando ao viaxeiro. Na actualidade reúne a maior oferta de aloxamentos rurais do país (máis de 15.500), cunha representatividade de máis do 95%. Tamén conta cunha gran comunidade de viaxeiros, con máis dun millón de membros rexistrados.
Excellence The Club
Dende 2011, Excellence The Club é unha privada e selecta axencia con base en Londres e operando a nivel global que ofrece os seus clientes, as persoas máis exisentes, as empresas líderes, personalidades influentes e todos aqueles que polo seu estilo de vida reqiuren un servizo persoal e discreto, servizos de ocio, estilo de vida e consultoría.
Estamos especializados na creación de experiencias a medida co obxetivo de ofrecer ese estado de ánimo ao que orgullosos chamamos luxo.
Follow the Camino
Follow the Camino organiza (dende nivel básico a nivel avanzado) vacacións a pé e en bicicleta para os amantes da aventura en Europa. Ofrecemos unha gran variedade de rutas, e rutas en bicicleta adaptadas para todos os grupos de idade, en particular no famoso Camiño de Santiago.
Fresco Tours
Fresco Tours (United States, Canada, Spain)
En 1999 Alex Chang, fundador de Fresco Tours, comezou levando grupo ao longo do Camiño de Santiago. De ahí, en 2006, nace Fresco Tours, axencia especializada en Tours do Camiño de Santiago. Con sede central en Bilbao, atraemos clientes extranxeiros principalmente dos EE.UU.
Só neste ano (2017) conseguimos que 90 grupos, case 900 peregrinos, cheguen a Santiago da nos aman. O noso obxetivo é coidar cada detalle, para ofrecer unha atención personalizada e experiencia inesquecible.
FROSCH
Fundada no 1972, FROSCH estableceuse cun enfoque en viaxes de luxo e viaxes corporativos. En 1977, Richard Leibman adquiriu a única posesión da axencia da familia Frosch. En 1998, Richard foi acompañado polo seu fillo. Bryan, quen hoxe é o presidente e CEO da compañía. En 2004, a irma e Bryan, Lara, uniuse á compañía como Vicepresidenta Executiva. Dende 1998, a compañía expandiuse nunha media do 30% ao ano a través de crecemento orgánico e adquisicións estratéxicas. Nos últimos dezasete anos, FROSCH creceu de 30 empregados a máis de 1800. FROSCH mantén oficinas en todo o mundo, e atópase entre as dez mellores axencias nos EE.UU.
HotelBeds
O BANCO DE CAMAS MUNDIAL
Somos un distribuidor global de aloxamentos e productos auxiliares para o comercio mundial de viaxes. Estamos enfocados na condución de negocio para os nosos socios, simplificando a experiencia do cliente en todos os nosos puntos.
Contratamos, conectamos e distribuimos eficientemente unha carteira diferenciada de 100.000 propiedades aos principais socios da industria, incluíndo axencias de viaxes online (OTAs), axencias minoristas, operadores turísticos e líneas aéreas.
Irconniños.com
Irconniños.com é un portal online especialista no segmento familiar que se desenvolve ao redor dun buscador de aloxamentos turísticos e actividades de ocio, ofrecendo á vez unha amplia estructura comercial e acción de promoción para incrementar o tráfico e as reservas directas aos aloxamentos e empresas de actividades que participan.
JETMAR
Fundado no 1962 Jetmar Viajes é unha empresa familiar que foi crecendo ao largo dos anos, logrando de forma ininterrumpida un alto prestixio no ramo turístico.
Actualmente contamos con 10 locais en Montevideo e Interior do país, 150 empleados distribuidos en departamentos de ventas particulares e corporativos, congresos e eventos, operación, administración, marketing e recursos humanos.
Marly Camino
Con pasión, hospitalidade e profesionalismo, levamos máis de 10 anos creando rutas exclusivas no Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño Costa Norte, Camiño de Andaluxía, e Camiño Primitivo. En cada un dos nosos tours ofrecemos experiencias únicas e de gran calidade, tanto culturais, como gastronómicas e históricas propias de cada rexión que visitamos e que enriquecen a espiritualidade dos Peregrinos durante o Camiño. A nosa impecable organización, atención aos detalles e cálido e profesionsal servizo fagan dos nosos tours unha experiencia gratamente inolvidable.
Mundicamino
A nosa web www.mundicamino.com cunha experiencia de 20 anos de experiencia foi dende a súa orixe un paradigma da información no mundo das peregrinacións a Santiago. Ocupa por méritos propios as primeiras posición nos principais buscadores de Internet, con carteira de peregrinos afiliados, cerca 40.000 de diversos países e sendo coñecida como a Wikipedia do Camiño de Santiago.
Somos unha central de reservas especializada en todas as rutas de peregrinación con ofertas de programas en todos os camiños de Santiago á medida.
Portugal Green Walks
Portugal Green Walks é un operador turístico con amplia experiencia no territorio de Porte e Norte de Portugal.
Desenvolvemos actividades en espazos rurais e naturais, buscando combinar innovación e tradición nas ofertas que propoñemos. Apostamos por unha oferta creativa e innovadora en 3 áreas de actuación onde somos especialistas: Turismo de Natureza, Gastronomía e Viños e Turismo Cultural.
Religio Travel
Religio Travel Empresa de Viaxes e Turismo, con sede en Cordoba - República Arxentina, é especialista dende fai máis de 20 anos en Turismo Relixioso, realiza peregrinacións acompañadas por sacerdotes a todos os lugares de relixiosidade popular do Mundo.
Shoko Travel
Somos unha axencia de viaxes cuxa sede está na prefectura de Yamagata de Xapón, fundada no ano 1981, e dedicámonos a viaxes tanto nacionais como internacionais con saídas e chegadas polo norte de Xapón, a zona Tohoku, onde hai varios aeroportos e liñas de tren bala.
Soul Traveler Viagens
Somos coñecidos por facer as cousas de maneira diferente… e mellor.
Somos especialistas en Turismo Relixioso eTerceira Idade e Grupos.
Soul Traveler está especializada en montar viaxes a medida para pasaxeiros individuais ou grupos. Estamos constantemente visitando e revisitando todos os lugares que vendemos. Nós coñecemos os bos e os malos hoteis, os lugares imperdibles e aqueles non tanto, e por iso podemos crear itinerarios interesantes e estimulantes baseados nese coñecemento. Podemos dicir que somos “turistas profesionais” prestando as nosas experiencias.