Hosted Buyers
A organización do Fairway invitou aos principais operadores turísticos a nivel nacional e internacional que teñen o Camiño de Santiago como produto que para que as empresas que así o desexen- axencias, hoteis, albergues, institucións...-, poidan axendar reunións de traballo coordinadados coa organización do workshop de Fairway e así ofrecer os seus produtos e servizos co obxecto de formalizar negocios directamente con este tipo de operadores.
Desde esta web podes reservar diretamente para garantir a túa praza. Logo deberás cubrir o formulario do workshop nun pdf editable aquí, enviárnolo e empezaremos a contactarte para que pechar as túas citas cos hosted buyers que andan buscando os teus produtos ou servizos.
Aquí tes unha pequena mostra do listado de operadores turísticos cos que che poderás reunir no workshop do Fairway.
Aproveita a oportunidade!!!!!
Voyages Terra Natura
Voyages Terra Natura é unha axencia de viaxes de servizo completo, receptiva e MICE. Concentrámonos en cultura, aventura, gastronomía e viños, spa e benestar, retiros de ioga e ecoturismo. Traballamos con grupos de todos os tamaños, incluíndo estudiantes e grupos de persoas maiores, así como familias e individuos. Cremos na conservación da natureza e asociámonos con empresas que seguen a mesma filosofía.
VUELTA Rad
VUELTA Rad- und Wandertouren ofrece máis de 20 anos de viaxes de senderismo e ciclismo por España e Portugal. A maior parte dos nosos clientes son individuais ou grupos reducidos. Ofrecemos destinos principais como varias rutas no Camiño de Santiago e en Mallorca, pero tamén disponemos de destinos menos coñecidos como os Picos de Europa e a costa de Galicia.
Walk the Camino
Estamos orgullos de ser uns expertos no Camiño. Dedicamos todo o noso tempo e experiencia a camiñar en España e outros países do Camiño. O noso equipo viviu en España, fala o idioma con fluidez e percorreron o Camiño de Santiago moitas veces. Gústanos traballar en estreita colaboración cos nosos socios locais, e aquí é onde o noso coñecemento especializado de primeira man chega a ser propio. Axudamos á nosa clientela internacional a planificar a súa viaxe, coas mínimas molestias e un gran coidado personalizado.
Walker's World
A nosa axencia especialízase en viaxes a pé e en bicicleta, maioritariamente en Europa. En funcionamento dende 1992, publicamos 2 folletos anuais: Walker’s World e Cycling Europe. Estes distribúense a cada axencia de viaxes en Nova Zelandia e ademais a viaxes activos en Nova Zelandia e no estranxeiro incluídos na nosa base de datos. Combinamos as nosas vacacións a pé e en bicicleta con cultura, historia, cociña e excursións turísticas. Promovemos activamente os nosos productos mediante publicidade e comunicados de prensa, promocións, exposicións de viaxes e chamadas de vendas. As rutas do peregrino son unha parte importante do noso negocio, que esperamos vaia en aumento.
World Tours
Somos unha axencia de viaxes e turismo con máis de 24 anos de experiencia, situada nos primeiros lugares do ranking de axencias nacionais.
Estamos certificados en NTS AV01 (Reserva e Venta), AV02 (Atención ao cliente), NTS003 (Sustentabilidade no proceso de autoevaluación).
Os nosos clientes corporativos e individuais reciben asesoría profesional nos seus servizos de viaxes, logrando rendibilidade e unha experiencia de calidade durante todo o proceso.
Younique Tailor Tours
A Younique Tailor Tours naceu do desexo de ofrecer ao mercado de turismo receptivo, unha oferta de calidade, cun capital humán que posúa a formación e a experienza apropiada para levar a cabo as tarefas e proxectos que propoñemos realizar.
Especializados en destinos de Portugal e España, temos a intención de ser o referente no desenvolvemento dos viaxes “a medida”, non só neste destino, senon en toda Europa. Operamos principalmente nos mercados Americanos, especialmente en Brasil, EE.UU., Canadá e América Latina, coa creación de programas especializados que atendan as particularidades destes clientes.