Mundicamino
A nosa web www.mundicamino.com cunha experiencia de 20 anos de experiencia foi dende a súa orixe un paradigma da información no mundo das peregrinacións a Santiago. Ocupa por méritos propios as primeiras posición nos principais buscadores de Internet, con carteira de peregrinos afiliados, cerca 40.000 de diversos países e sendo coñecida como a Wikipedia do Camiño de Santiago.
Somos unha central de reservas especializada en todas as rutas de peregrinación con ofertas de programas en todos os camiños de Santiago á medida.
MUNDICAMINO TRAVEL, axencia especializada en experiencias únicas no camino.
Traballa co Camiño Francés, Portugués, Inglés, do Norte, Primitivo, Vía da Plata, de Fisterra, Kumano Kodo, Vía Francigena e Vía de San Olaf. Está especializado no turismo relixioso, cultural, de aventura e rural.
Este hosted buyers busca:
- Albergues, Casas de Turismo Rural, Hostais, Hoteis e Apartamentos turísticos.
- Empresas de Autocares, alquiler de bicicletas e rutas a cabalo.
- Guías oficiais e guías do camiño.
- Paquetes organizados do camiño con saídas garantizadas a pé, en bici, a cabalo e circuitos.
- Apps e Webs do Camiño.
- Servizos Post-Camiño: Balnearios/Spa e Turismo activo.
- Restaurantes.