+34 981 573 145

Shoko Travel

Shoko Travel

Somos unha axencia de viaxes cuxa sede está na prefectura de Yamagata de Xapón, fundada no ano 1981, e dedicámonos a viaxes tanto nacionais como internacionais con saídas e chegadas polo norte de Xapón, a zona Tohoku, onde hai varios aeroportos e liñas de tren bala.

Estamos especializados en sendeirismo, lugares espirituais que son Patrimonio da Humanidade, rutas sintoístas e budistas, paisaxes incribles. Tamén, temos paquetes e rutas culturais e gastronómicas para turismo nacional empezando dende a nos aterra de Yamagata moi coñecida por moitos bos Samurais ata Koyasan fundado polo ilustre monxe Kukaien a Prefectura de Wakayama no sudeste de Xapón.

Para viaxes ao estranxeiro dende Xapón, temos paquetes turísticos a Australia, Nova Zelanda, Singapur, Camboya (AngkorWat), etc., que son rutas de sendeirismo, paisaxes incribles, lugares que son Patrimonio da Humanidade, e por iso, estamos intentando crear novos produtos para grupos e viaxes individuais como o Camiño de Santiago e tamén outras rutas espirituais que hai en España e Europa.

Traballa co Camiño Francés, Portugués e de Fisterra. Está especializado no turismo relixioso, cultural, de aventura, gastronómico, de saúde e rural.

Este hosted buyers busca:

  • Casas de Turismo Rural e Hoteis.
  • Empresas de furgonetas e compañías aéreas.
  • Paquetes Organizados do Camiño a pé e circuitos.
  • Guías do camiño e intérpretes.
  • Produtos gastronómicos, literatura do camiño e suministros para establecementos.
  • Restaurantes.