+34 981 573 145

Alessandro Scafi

ponente

Doutor en Historia Cultura Medieval e Renacentista en The Warburg Institute

Profesor de historia medieval e renacentista no Instituto Warburg, Escola e Estudios Avanzados da Universidade de Londres. Dende 2011, e xunto a John Took, dirixe no Instituto Warburg (e dende 2016 no Instituto Italiano de Cultura) unha serie de lecturas de Dante.

Autor de libros como Mapping Paradise: A History of Heaven on Earth, e de ensaios sobre diversos aspectos da historia da cartografía e o peregrinaxe. Alessandro Scafi publicou varios artigos sobre Aby Warburg, a relación entre os renacentistas Italianos e os Húngaros e sobre a arte e a literatura italiana, en particular sobre Dante e Aeneas Sylvius Piccolomini.

Tamén é autor de audioguías para museos e exposicións e contribuiu a varias emisións culturais como Arte, Zweites Deutsches Fernsehen, the BBC, Radio Rai, Swiss Radio e Radio Vaticano. Ademáis contribue ao suplemento literario de The Times, L'Osservatore Romano Il Sole 24 Ore.

Presentación: On the Way of Heaven

¿Eres un peregrino devoto ou un turista existencial? Ao longo do Camiño, a ruta enmárcase no contexto do seu patrimonio cultural, acompañado de paisaxes naturais, históricos e culturais. ¿Abandonaches a comodidade do fogar para experimentar unha viaxe interior a un destino espiritual ou estás a buscar un contacto coa alteridade cultural e natural, lonxe da túa rutina diaria? Hoxe en día, persoas de perfís diversos buscan nos espazos de peregrinación e nos lugares sacros o sentido do “auténtico”. No seu camiño cara ás reliquias do Apóstolo, os turistas déixanse guiar polo desexo de afrontar un reto físico ou de buscar o “contacto coa natureza”. On the Way to Heaven é un intento de explorar e explicar o poder dos lugares e como os paisaxes naturais e culturais acompañan a experiencia do peregrin, relixioso ou non, durante as rutas de peregrinación e nos sitios sacros. A finais do  século XXX e comezos do XXI produciuse o renacemento do interese polas peregrinacións cristiás en Europa Occidental, xa que as prácticas de peregrinación contemporáneas combinan o medieval e o moderno. Ao redor aos espazos de peregrinación xorden demandas de todo tipo, sendo precisa unha xestión delicada, capaz de afrontar esta complexidade e preservar a natureza e o carisma dos lugares sacros.

13
Novembro
16:00 hs
On The Way of Heaven