Panel Camiño insight: a gxestión dos Camiños
Moderadora: Ana Iglesias
-
13/11/201712:00 hs> Panel Camiño insight: a gxestión dos Camiños
Xosé Regueira é Deputado de Cooperación, Plans Provinciais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico na Deputación Provincial da Coruña.
No ámbito das súas competencias, mantén un forte compromiso coa valorización, protección e dinamización de todas as rutas históricas e culturais da provincia, entre as que salientan os Camiños de Santiago.
Marta Lois González (Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, así como terceira tenente de alcalde no municipio de Santiago de Compostela)
Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, así como terceira tenente de alcalde no municipio de Santiago de Compostela.
Os temas nos que habitualmente traballa están relacionados coas políticas públicas, a igualdade de xénero e a procura dun modelo turístico ordenado integrado na estrutura urbana e social da cidade. Forma parte dun amplo grupo de investigación sobre xénero e política con profesoras e investigadoras de varias universidades do Estado. Ademais, é integrante do grupo Armela, que analiza o impacto da actual crise económica no desenvolvemento e garantía dos dereitos sociais e a igualdade de oportunidades entre a cidadanía.
Executive MBA e Master en Dirección Comercial e Marketing.
Director Xeral de Ordenación do Territorio do Goberno de Aragón.
Ata o 2011 dedicouse á dirección de empresas de consultoría e servizos medioambientais. Concelleiro do Concello de Monzón entre os anos 2007 e 2013 e presidente do Patronato de Deportes e da Institución Feiral. Vogal da Asociación de Feiras de Aragón entre 2007 e 2011. Foi deputado das Cortes de Aragón durante a VIII lexilatura. Na actualidade é o Director Xeral de Ordenación do Territorio, Mobilidade e Vivenda do Goberno de Aragón.