+34 981 573 145

Marta Lois González

ponente

Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, así como terceira tenente de alcalde no municipio de Santiago de Compostela

Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, así como terceira tenente de alcalde no municipio de Santiago de Compostela.

Os temas nos que habitualmente traballa están relacionados coas políticas públicas, a igualdade de xénero e a procura dun modelo turístico ordenado integrado na estrutura urbana e social da cidade. Forma parte dun amplo grupo de investigación sobre xénero e política con profesoras e investigadoras de varias universidades do Estado. Ademais, é integrante do grupo Armela, que analiza o impacto da actual crise económica no desenvolvemento e garantía dos dereitos sociais e a igualdade de oportunidades entre a cidadanía.

Ponencia: Santiago, destino universal

O Camiño de Santiago naceu na Idade Media como un camiño de ámbito europeo vinculado directamente a unha concepción relixiosa concreta da vida e do mundo. Durante séculos, nos que viviu épocas de esplendor pero tamén épocas de decadencia, o Camiño foi sempre un camiño de peregrinaxe, cun claro sentido europeo e católico.

Durante a maior parte do século XX, o Camiño de Santiago foi apenas unha lembranza histórico sen apenas trascendencia no presente. Pero a finais do século XX comezou a vivirse un rexurdimento do Camiño de Santiago. Este rexurdimento, que se apoia na tradición histórica do Camiño de Santiago, introduce sen embargo dúas novidades respecto da esencia orixinaria do Camiño: por unha banda o Camiño pasa de ser un fenómeno europeo a ser un fenómeno mundial, con peregrinos e peregrinas procedentes de máis de 150 países dos cinco continentes; e por outra banda, o Camiño pasa de ser un camiño de peregrinaxe vinculada ao catolicismo a ser unha ruta espiritual nun sentido amplo do termo, percorrida por persoas de múltiples crenzas relixiosas distintas e incluso agnósticos ou mesmo ateos.

13
Novembro
12:00 hs