Xosé Regueira Varela
Xosé Regueira é Deputado de Cooperación, Plans Provinciais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico na Deputación Provincial da Coruña.
No ámbito das súas competencias, mantén un forte compromiso coa valorización, protección e dinamización de todas as rutas históricas e culturais da provincia, entre as que salientan os Camiños de Santiago.
Ponencia: A Coruña, territorio de Camiños
Ademais dos camiños xacobeos, todos os cales pasan pola provincia da Coruña, existen no noso territorio outras rutas que permiten un contacto directo coa natureza, xa sexa a pé, en bicleta ou a cabalo e que, desde a Deputación Provincial da Coruña, conscientes do seu valor cultural e paisaxístico, impulsamos a tódolos niveis.
Entre as accións que amosan o compromiso con facer das rutas e camiños da provincia un dos eixos temáticos desde o punto de vista patrimonial e turístico, dan conta as accións de mellora, sinalización e promoción emprendidas nos últimos anos en torno ao Camiño Inglés, ao Camiño a Fisterra, ao Camiño de San Andres de Teixido ou ao Camiño dos Faros.
Neste proceso, é vital desenvolver unha xestión pública coordinada e eficiente, que permita protexer, valorizar e promocionar os nosos camiños, a través de accións planificadas e compartidas desde todos os niveis da administración implicados.
Novembro