+34 981 573 145

Joaquín Palacín Eltoro

ponente

Executive MBA e Master en Dirección Comercial e Marketing.

Director Xeral de Ordenación do Territorio do Goberno de Aragón.

Ata o 2011 dedicouse á dirección de empresas de consultoría e servizos medioambientais. Concelleiro do Concello de Monzón entre os anos 2007 e 2013 e presidente do Patronato de Deportes e da Institución Feiral. Vogal da Asociación de Feiras de Aragón entre 2007 e 2011. Foi deputado das Cortes de Aragón durante a VIII lexilatura. Na actualidade é o Director Xeral de Ordenación do Territorio, Mobilidade e Vivenda do Goberno de Aragón.

Ponencia: A directriz eespecial de Ordenación Territorial do Camiño de Santiago-Camiño Francés ao seu paso por Aragón

Ante o reto que nos plantea esta pregunta, o Goberno de Aragón a través do Departamento de Vertebración do Territorio, Mobilidade e Vivenda aposta por responder de forma rotunda que si é posible levar a cabo a xestión do Camiño de Santiago de forma coordinada.

Para iso necesitamos dotarnos dos instrumentos normativos adecuados que permitan alcanzar este obxetivo mediante actuacións conxuntas ou simultáneas co único fin de promocionar e protexer o Camiño de Santiago, calquera que sexa a Administración competente en cada caso.

En Aragón xa está moi avanzada a tramitación do procedemento para aprobar o instrumento de planeamento territorial denominado Directriz Especial de Ordenación Territorial do Camiño de Santiago-Camino Francés ao seu paso por Aragón, documento co que se pretende aglutinar os intereses das distintas Administracións Públicas con competencias no referido ámbito territorial: Departamentos da Comunidade Autónoma, Provincias de Huesca e Zaragoza, Comaarcas da Jacetania e das Cinco Vilas, Concellos, así como os intereses de diferentes sectores económicos e sociais. E sobre todo poner en valor unha realidade cultural e histórica, que traspasa fronteiras e épocas.

13
Novembro
12:00 hs