Panel Afterway: O Camiño do despois
-
14/11/201717:00 hs> Panel Afterway: O Camiño do despois
Xerente da Pulpería Ezequiel de Melide, negocio familiar fundado en 1960 e que co paso do tempo foise especializando no servizo ao peregrino, converténdose nun dos referentes gastronómicos do Camiño Francés.
Hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra e vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, funcións que compaxina coa súa labor no Concello de Fisterra, ao frente da Oficina de Información Turística e de Información Xuvenil.
Mónica e Silvana Crisóstomo Besada (Emprendedoras en Ideas Peregrinas Pilgrim Store)
Silvana Crisóstomo Besada é licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Escola de Negocios Caixanova, Máster en Asesoría Financieira e Xestión de Patrimonios, e European Financial Advisor, é asesora financieira con máis de 12 anos de experiencia en Banca Privada.
Mónica Crisóstomo Besada está especializada en Organización e Dirección Turística e en Deseño Gráfico Publicitario, conta con ampla experiencia en planificación turística, compaxinando a súa labor en Ideas Peregrinas coa súa actividade como consultora de turismo en Sherpa Project.
Ambas son socias e creadoras de Ideas Peregrinas-Pilgrim Store, un concepto ideado para dar un servizo integral ao peregrino localizado en Tui, galardoado en 2017 co premio Santiago de Compostela na categoría “Iniciativas desenvolvidas por pequeñas e medianas empresas”.