Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
Open day

OPEN DAY

O día de portas abertas do Fairway (Open Day) pretende completar o V Fórum do Camiño de Santiago ofrecendo actividades atractivas tanto para participantes que veñen de fóra como para a propia cidadanía de Santiago. Esta xornada desenvolverase o primeiro día do evento, coincidindo co festivo do 1 de novembro, o que pretende facilitar a asistencia.

Establecendo como eixo condutor o Camiño de Santiago, ofreceranse diverso tipo de propostas dirixidas a todos os públicos. Entre elas, destacan a Ruta “I Camino” -que permite coñecer a cidade desde unha perspectiva diferente e da man de Guías Turísticos Oficiais-; as sesións de scape room; o obradoiro de Mindfulness, ou propostas gastronómicas coas que realizar un percorrido polas Rutas Xacobeas a través de diferentes petiscos. Como colofón a unha completa xornada, ofrecerase unha actuación musical. Todas as propostas teñen carácter gratuíto.

Ilustracion open day

GALERÍA

Perdíchesche a última edición de Fairway?

Mostrámosche un resumo das actividades do Open Day 2021 en imaxes.

OPEN DAY

Froito da reflexión de que moitos dos visitantes que veñen a Compostela non fan o Camiño de Santiago, desde Fairway ofréceselles a oportunidade -tamén á cidadanía- de saírse dos circuítos turísticos habituais e poder gozar dun contacto máis próximo coa cidade. A Ruta “I Camiño” une os cinco Camiños que entroncan en Santiago de Compostela e contará coas indicacións de Guías Turísticos Oficiais. Duración aproximada: 4 horas.

Cota máxima grupo: 200 persoas

Lugar

PRAZA DO OBRADOIRO

hora

09.30 - 13.30 H (aprox.)

OPEN DAY

Nos sotos do PAZO de Congresos compostelán foron achadas as antigas pertenzas dun misterioso peregrino, pero unha aciaga maldición que pesa sobre elas fixo que estraños fenómenos empecen a ocorrer no edificio. As persoas participantes deberán seguir as pistas para resolver o misterio do peregrino.

Aforo por grupo: 8 persoas / 2 grupos cada hora

Lugar

PRIMEIRA PLANTA

hora

10.30 / 11.30 / 12.30 / 13.30 / 16.30 / 17.30 / 18.30 H

CandidoPazoSoleFelloza

OPEN DAY

Peregrinas do Além. Instrucións para voltar á casa quando xa morriches

Quico Cadaval e Sole Felloza atoparanse nun cruzamento de camiños escénico. É de público coñecemento que os contos están cheos de camiños, e os camiños cheos de contos.

No día de Todos os Santos Defuntos, contarán dos que pasen por aquí e dos que falten por alá. Rogan ao público traer a alma en condicións.

Entrada libre ata completar aforo

Lugar

SALA COMPOSTELA

hora

13.00 H

OPEN DAY

Todas as persoas que visiten Fairway o día 1 de novembro terán a oportunidade de achegarse á gastronomía do Camiño de Santiago cunha selección de tapas baseadas nalgunhas das receitas máis típicas dos distintos Roteiros Xacobeos.

Para maridar as tapas haberá tamén dispoñible unha selección de viños dos diferentes territorios polo que discorre o Camiño.

Prezo da tapa: 4,5 €

Entrada libre ata completar aforo

Lugar

PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA

hora

13.30 - 16.30 H

OPEN DAY

O Camiño supón para moitos dos seus camiñantes un alto na súa vida, un momento de #gozar pleno do presente. Nestes talleres daranse as pautas básicas para conseguir ese estado mental que emerxe ao prestar atención ao momento presente de forma intencional, sen xulgalo e centrándose na experiencia inmediata.

Aforo: 24 persoas

Lugar

PRIMEIRA PLANTA

hora

17:00 H

OPEN DAY

O Open Day finalizará o seu programa de propostas abertas á cidadanía cun concerto de Xabier Díaz. Con esta actuación, poñerase o broche de ouro a unha xornada chea de actividades para todos os públicos.

Entrada libre ata completar aforo

Lugar

SALA COMPOSTELA

hora

18.30 H