Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
mesa-coloquio

1-11-2023

OPEN DAY

Escape Room

Unha habitación de escape ou escape room é un xogo de aventura físico e mental que consiste en encerrar a un grupo de xogadores nunha habitación onde deben solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desentrañando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo dispoñible.

Fairway escape room: nos sotos do PAZO de Congresos compostelán foron achadas as antigas pertenzas dun misterioso peregrino, pero unha aciaga maldición que pesa sobre elas fixo que estraños fenómenos empecen a ocorrer no edificio. Haberá alguén capaz de resolver o misterio que ocultan estes vellos obxectos para devolver a paz ao edificio?

Unha alma en pena vaga pola vella Europa en busca de redención. A súa última parada, Compostela.

Actividade para maiores de 15 anos. Os nenos poden participar sempre que o fagan acompañados de adultos.

Entrada gratuíta. Prazas limitadas.

Aforo por grupo: 8 persoas / 2 grupos cada hora

hora

10.30 / 11.30 / 12.30 / 13.30 / 16.30 / 17.30 / 18.30 H

Lugar

PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA