Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Participa nas actividades de Fairway!

No 10º aniversario de Fairway, explorar a Feira ten moitos premios!

Somos Fairway

O gran foro

de profesionais

do Camiño

A sexta edición celebrarase do 9 ao 11 de novembro de 2025 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago). Conta con feria, actividades abertas ao público, workshop, congreso, programa de formación e feira de emprego.

Separador

FAIRWAY

2025

Fairway abordará nesta edición unha temática de gran relevancia para o sector: a turistificación. No VI Fórum do Camiño de Santiago contaremos coa perspectiva de administracións, agrupacións, veciñanza e empresariado para abordar esta temática. Ademais, ofreceremos un amplo espazo expositivo, debates de interese para o futuro do sector, encontros empresariais, formación práctica para o día a día e casos de éxito nos que poder inspirarse.

O PROGRAMA

Este ano, Fairway centrará a súa programación na temática da turistificación. Proporemos distinto tipo de actividades e amosaremos experiencias. Próximamente, aportaremos máis detalles sobre o que temos preparado.

Linea
FAIRWAY I CAMINO WEB_047

OPEN DAY

iCamiño. “Un Camiño nos Camiños de Santiago”

Visitar Santiago sen facer o Camiño é como ler só a derradeira páxina dun libro. En Fairway, invitámosche volver atrás, a percorrer entre capítulos esquecidos a ruta iCamiño, que une os cinco Camiños que entroncan en Santiago, acompañado por guías turísticos oficiais que saben que unha cidade non se explica, descóbrese. Queres vivir Compostela, ou só tachala da túa listaxe?

Máis información

Duración aproximada: 4 horas

Punto de saída: Praza do Obradoiro

Aforo máximo por grupo: 150 persoas

Inclúe: entrega de acreditación e de diploma ao chegaren á CdC

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na Praza do Obradoiro 15 minutos antes da saída

(*) Aqueles que completen a experiencia na Cidade da Cultura e recollan o seu diploma poderán gozar do Gastroway. Un pequeno premio que fará aínda máis saboroso o Camiño!

Lugar

Praza do Obradoiro

hora

09.00 - 10.00 H

OPEN DAY

Escape room. “A reliquia do Apóstolo”

Nos túneles da Cidade da Cultura de Galicia atopáronse as antigas pertenzas dun misterioso peregrino. Dende entón, nada volveu a ser normal. Din que unha maldición cerne no edificio. Só quen se atreva a seguir as pistas poderá resolver o misterio do peregrino.

Máis información

Aforo: 10 persoas por grupo

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

Museo CdC, Andar -1 (Sala 4)

hora

10.30 / 11:30 / 16:00 / 17:00 H

Origami - Taller

OPEN DAY

Obradoiro de papel para pequenos camiñantes

Neste obradoiro, a rapazada creará unha grilanda de papel inspirada nos símbolos do Camiño de Santiago. A través de formas sinxelas e coloridas, como a cuncha do peregrino, a frecha amarela ou a cruz do Camiño, cada participante dará vida á súa propia composición, unindo as pezas para formar unha grilanda que poderá levar a casa como recordo.

Máis información

A actividade, organizada pola empresa Anaquiños de papel, combina creatividade e xogo, achegando aos nenos aos símbolos do Camiño de forma divertida e educativa. Non se necesitan coñecementos previos: cada participante recibirá o material necesario e contará coa guía paso a paso dun monitor especializado.

Aforo: 21 nenos por grupo (a partir de 6 anos)

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar no hall da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á lista de espera.

Lugar

Museo CdC, Andar -1 (Sala 3)

hora

11:30 / 13:00 / 17:00 H

OPEN DAY

Vermú e queixos. “Unha ruta polos sabores da Provincia que sabe”

Un aperitivo para explorar a variedade de queixos e de vermús artesáns dunha provincia tan rica e diversa gastronómicamente como é A Coruña. Un percorrido dende os sabores da memoria ata a actualidade para empaparse do territorio e da súa riqueza alimentaria. 

Máis información

Cata conducida por: Jorge Guitián, escritor e divulgador gastronómico

Espazo: Sala de presentacións

Aforo: 25 persoas

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

Museo CdC, Andar -1 - Sala de Presentacións

hora

12:00 a 12:45 H

ArtesaniaAlimentariaGalicia

OPEN DAY

Obradoiro de Sabores do Camiño. “Artesanía alimentaria e produtos con DOP e IXP”

Neste obradoiro de Fairway, vas descubrir a riqueza gastronómica que acompaña ao Camiño de Santiago, combinando produtos de artesanía alimentaria con aqueles protexidos por Denominación de Orixe Protexida (DOP) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) presentes ao longo da ruta.

Máis información

Un obradoiro pensado para descubrir, probar e valorar os produtos que fan do Camiño de Santiago unha experiencia non só espiritual, senón tamén gastronómica.

Obradoiro con degustación conducido por: José Manuel Mallón, chef en D’Antaño Food and Service

Aforo: 25 persoas

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

Museo CdC, Andar -1 – Sala de Presentacións

hora

13:15 a 14:00 H

Señora DJ - Sesión Vermúway

OPEN DAY

Sesión Vermúway con Señora DJ

Esquéceche de museos silenciosos. De 13:30 a 15:30, o Museo da Cidade da Cultura de Galicia sacódese o po para converterse en pista de baile. Fairway  poñerá ritmo ao Open Day.

Máis información

Cunha energía que electriza os escenarios e un estilo inconfundible, Raquel R. Soto, mellor coñecida como Señora DJ, conquistou o mundo da música desde o seu debut en 2016. Orixinaria de Vilagarcía de Arousa, esta talentosa DJ deixou pegada na escena musical de Galicia

O que distingue a Señora DJ é a súa ecléctica mestura de géneros, desde o indie ata o pop e o urbano, pasando polo disco e o techno.

Lugar

Hall de Tirante, Andar 0 - Museo CdC

hora

13:30 a 15:30 H

GASTROWAY

OPEN DAY

Gastroway - Vermut & Tapas “A Paisaxe que sabe”

Descubre os sabores da Coruña con “A Paisaxe que sabe” da Deputación da Coruña.

Mergúllache nunha experiencia gastronómica única onde os produtos do territorio da Coruña son os auténticos protagonistas. Baixo a marca “A Paisaxe que sabe”, invitámosche coñecer os sabores, aromas e tradicións que fan desta terra un lugar excepcional para os amantes da boa mesa.

Máis información

Dentro da actividade Vermut & Tapas, poderás gozar de degustacións gratuítas de produtos locais, elaborados coa calidade e o sabor que caracterizan á gastronomía coruñesa. Unha oportunidade para saborear a esencia do noso territorio e brindar polo mellor da Coruña.

  • Vermú Lodeiros & Patatas Bonilla  
  • Cienporcel
  • A Conserveira
  • La Empanada Viajera 
  • Chichalovers 
  • Espazo Abella
  • Asociación Cultural da Filloa de Lestedo
  • Xearte Brigitte

Ata fin de existencias.

Lugar

Hall de Tirante, Andar 0 - Museo CdC

hora

13:30 a 17:00 H

Peregrinación-Gastronómica

OPEN DAY

Peregrinación gastronómica. “Licores e repostería dos Camiños de Santiago”

Para quen procura un motivo máis para percorrer os Camiños de Santiago, os sabores tradicionais poden ser a mellor guía. Bocados e tragos, aromas ancestrais e propostas máis creativas darán forma a un percorrido doce por diferentes camiños e localidades na provincia da Coruña. 

Cata conducida por Jorge Guitián, escritor e divulgador gastronómico

Máis información

Espazo: Sala de presentacións

Aforo: 25 persoas

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

Museo CdC, Andar -1 - Sala de Presentacións

hora

17:00 - 17:45 H

ArtesaniaAlimentariaGalicia

OPEN DAY

Obradoiro de Sabores do Camiño. “Artesanía alimentaria e produtos con DOP e IXP”

Neste obradoiro de Fairway, vas descubrir a riqueza gastronómica que acompaña ao Camiño de Santiago, combinando produtos de artesanía alimentaria con aqueles protexidos por Denominación de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) presentes ao longo da ruta.

Máis información

Un obradoiro pensado para descubrir, probar e valorar os produtos que fan do Camiño de Santiago unha experiencia non só espiritual, senón tamén gastronómica.

Obradoiro con degustación conducido por: José Manuel Mallón, chef de D’Antaño Food & Service

Aforo: 25 persoas

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

Museo CdC, Andar -1 – Sala de Presentacións

hora

18:15 a 19:00 H

Xavier Díaz Prensa_15

OPEN DAY

Concerto. “Música tradicional galega con alma”

Pecharemos a xornada de Open Day en Fairway cun concerto único de música tradicional galega a cargo de Xabier Díaz en formato trío, acompañado polos seus músicos habituais: Roberto Grandal (acordeón) e Iván Costa (zanfona). Ambos os artistas contan cunha dilatada experiencia no mundo da música tradicional galega, formando parte de grupos tan importantes como Son de Seu, Susana Seivane, Vos Cempés e Guadi Galego. O trío presenta un espectáculo que mantén a esencia do proxecto desde outra perspectiva musical, sempre baseada no mesmo compromiso e amor pola música.
Máis información

Déixache levar polos ritmos e melodías que teñen acompañado a xeracións de galegos e peregrinos, e vive un momento que celebra a cultura, a tradición e a alma de Galicia en cada nota.

Un final que no só escoitarás, sentiralo.

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Aforo: 200 persoas

Lugar

Hall de Tirantes, Andar 0 - Museo CdC

hora

18:00 a 19:00 H

Exposición. "Os Camiños de Elías Valiña: O inventor das frechas amarelas"

Do 9 ao 11 de novembro, expoñerase un espazo dedicado a Elías Valiña, o cura do Cebreiro e principal artífice do rexurdimento do Camiño de Santiago no século XX. Foi el quen ideou as icónicas frechas amarelas, hoxe símbolo universal de hospitalidade e peregrinación. Por primeira vez na nosa cidade, amósase esta exposición para lembrar ao home que trazou o camiño moderno cara a Compostela.

Sorteo

Sorteo. “My Camino en Fairway”

En Fairway tamén se xoga. Consegue a túa credencial My Camiño no Punto de Información, visita os distintos expositores e sela as 10 casillas da túa tarxeta. Ao completar o teu percorrido, entrarás no sorteo de viaxes, estancias, experiencias e outros premios, cortesía dos nosos expositores e patrocinadores.

Explorar cada recuncho de Fairway ten premio!

FAIRWAY INAUGURACIÓN

CONFERENCIA INAUGURAL

Buscando a excelencia na sustentabilidade

A palabra “sustentabilidade” aguántao todo. Pero aquí non vimos repetir lemas, senón a poñer as cartas sobre a mesa.

Máis información

As principais administracións públicas colaboradoras de Fairway mostrarán como xestionan e promoven o Camiño de Santiago baixo a lupa da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Equilibrar turismo, patrimonio e sustentabilidade é posible… ou só un bonito titular?

Poñentes

  • 10.30 horas. Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña
  • 11.00 horas. Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia
  • Tono Mugico, Manuel Oreiro e Ana Trevisani, Codirectores de Fairway
Lugar

AUDITORIO FAIRWAY

hora

10:30 - 11:30 H

OPEN DAY

Escape room. “A reliquia do Apóstolo”, edición especial para estudantes de turismo

Nos túneles da Cidade da Cultura de Galicia atopáronse as antigas pertenzas dun misterioso peregrino. Dende entón, nada volveu a ser normal. Din que unha maldición cerne no edificio. Só quen se atreva a seguir as pistas poderá resolver o misterio do peregrino.

Máis información

Aforo: 10 persoas por grupo

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

MUSEO PLANTA -1 (sala 4)

hora

11:00 / 12:00 / 13:00 H

PAUSA CAFÉ

hora

11:30 - 12:00 H

catedral

CONGRESO. MESA DE DEBATE

Turistificación: "Visitantes ou invasores?”

Santiago véndese como destino de ilusión, mentres lida co reto de xestionar a súa propia fama ás portas do Xacobeo 2027. A moratoria hostaleira, múltiples vivendas turísticas clausuradas, unha taxa turística que divide opinións, servizos públicos ao límite e un aeroporto tensionado. Éxito ou saturación?

Máis información

Ao mesmo tempo, xorde a gran pregunta: invádennos os turistas ou simplemente veñen visitarnos? A turismofobia sobrevoa o social, pero é un temor minoritario, un clamor real ou un recurso político populista? Como podemos manter o noso esplendor sen matar o que nos fai verdadeiramente únicos? Podemos centrarnos en xestionar dunha vez o noso éxito ou seguimos rachándonos as vestiduras en supostos problemas que parece que o absorben todo? Debatemos sen filtros sobre a presión turística, a xestión do territorio e as políticas para aplicar para un futuro presente que aperta.

Poñentes

  • Ildefonso de la Campa, director da Secretaría Xeral do Plan Xacobeo
  • Teresa Ferreira, Directora de Promoción de Recursos Turísticos de Portugal
  • Cesáreo Pardal, presidente do Clúster do Turismo de Galicia
  • Jorge Carregal, Responsable de Comunicación de Turismo de Santiago-INCOLSA
  • Bernardo Fernández, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés
  • María Luisa Rodríguez, Presidenta da Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía
  • José María de Juan Alonso, Socio Director de Koan Consulting

Moderador

Pati Blanco

Pati Blanco Aldariz

Lugar

AUDITORIO FAIRWAY

hora

12:00 - 13:30 H

Ponentes

No posts found
Descanso-comida

PAUSA COMIDA

hora

13:30 - 16:30 H

Cerveza-Camino-Mega

Cervexa e Camino. “Ruta Sensorial por la Cultura Cervexeira”

Do mesmo xeito que o Camiño de Santiago une peregrinos de todo o mundo, a cervexa foi durante séculos compañeira de roteiros, pousadas e encontros. Neste obradoiro para adultos exploraremos a historia compartida entre a viaxe e a cervexa, descubrindo estilos tradicionais europeos e propostas artesás locais inspiradas no espírito do Camiño.

Máis información

A través dunha cata guiada aprenderemos a identificar aromas, cores e matices, mentres brindamos pola cultura cervexeira como patrimonio vivo e social. Un encontro para gozar, aprender e celebrar o pracer de parar… e compartir.

Cata dirixida por: Martín Gómez Toba, Técnico de Cultura Cervexa de Hijos de Rivera

Aforo: 20 persoas

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

MUSEO PLANTA -1 (Sala de presentacións)

hora

16.00 a 16.45 h.

kpis

Obradoiro

Define os teus KPIs e mide os teus obxectivos de negocio​

Todo o mundo fala de datos, pero poucos saben realmente que facer con eles. Sen análise, non son máis que números mortos. Cada visitante deixa un rastro de datos que, se se interpretan ben, axúdannos a tomar decisións estratéxicas, optimizar recursos e mellorar a experiencia turística. Este obradoiro pon de relevo que en turismo non gaña quen máis turistas ten, senón quen mellor sabe lelos.

Lugar

AUDITORIO FAIRWAY

hora

16:30 - 18:30 H

Moderador

Andres Romero Montero
Andrés Romero Montero
Director en Asiri Marketing, especializado en márketing dixital e turismo

Poñente

Ignacio Fernandez Zabala
Ignacio Fernández Zabala
Director en Handmade Marketing, especializado en SEM e Google Ads
Cerveza-Camino-Mega

Cervexa e Camino. “Ruta Sensorial por la Cultura Cervexeira”

Do mesmo xeito que o Camiño de Santiago une peregrinos de todo o mundo, a cervexa foi durante séculos compañeira de roteiros, pousadas e encontros. Neste obradoiro para adultos exploraremos a historia compartida entre a viaxe e a cervexa, descubrindo estilos tradicionais europeos e propostas artesás locais inspiradas no espírito do Camiño.

Máis información

A través dunha cata guiada aprenderemos a identificar aromas, cores e matices, mentres brindamos pola cultura cervexeira como patrimonio vivo e social. Un encontro para gozar, aprender e celebrar o pracer de parar… e compartir.

Cata conducida por: Mestre cervexeiro de Estrella Galicia   

Aforo: 20 persoas

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

MUSEO PLANTA -1 (Sala de presentacións)

hora

17:00 a 17:45 H / 18:00 a 18:45 H

Exposición. "Os Camiños de Elías Valiña: O inventor das frechas amarelas"

Do 9 ao 11 de novembro, expoñerase un espazo dedicado a Elías Valiña, o cura do Cebreiro e principal artífice do rexurdimento do Camiño de Santiago no século XX. Foi el quen ideou as icónicas frechas amarelas, hoxe símbolo universal de hospitalidade e peregrinación. Por primeira vez na nosa cidade, amósase esta exposición para lembrar ao home que trazou o camiño moderno cara a Compostela.

Sorteo

Sorteo. “My Camino en Fairway”

En Fairway tamén se xoga. Consegue a túa credencial My Camiño no Punto de Información, visita os distintos expositores e sela as 10 casillas da túa tarxeta. Ao completar o teu percorrido, entrarás no sorteo de viaxes, estancias, experiencias e outros premios, cortesía dos nosos expositores e patrocinadores.

Explorar cada recuncho de Fairway ten premio!

Democratización del Camino

CONGRESO. MESA DE DEBATE

A Compostela e os Camiños do século XXI: Democratización do Camiño a gusto de todos?

O Camiño de Santiago sempre abrangueu esforzo e símbolo, pero cambiaron as regras do xogo. Recentemente, a Oficina do Peregrino modificou as condicións para obter a Compostela. Agora basta con percorrer os últimos 20 km… e o resto podes sumalo en calquera outro tramo, dentro ou fóra de Galicia.

Máis información

Quen sae beneficiado e quen prexudicado de tal decisión? Ao mesmo tempo, proliferan cada vez máis roteiros que, sen formar parte dos percorridos oficiais da Xunta de Galicia, permiten acumular quilómetros válidos para a credencial. Que vale máis, a tradición recoñecida pola Administración ou a flexibilización impulsada dende a Igrexa? Que criterios hai para o recoñecemento dunha ou outro xeito de conseguir a Compostela? Debatemos unha transformación que enfronta a definición do Camiño coa era da pos modernidade.

Poñentes

  • Ildefonso de la Campa, presidente da Federación Europea do Camiño de Santiago
  • Begoña González Loroño, subdirectora xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
  • Jorge Martínez-Cava, Representante da Federación Española de Asociacións do Camiño de Santiago
  • Miguel Pérez Cabezas, presidente da Federación do Camiño Francés
  • José Villa Plaza, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Caravaca de la Cruz

 

Moderador

Pepe Formoso

Pepe Formoso

Lugar

AUDITORIO FAIRWAY

hora

10:30 - 11:30 H

OPEN DAY

Escape room. “A reliquia do Apóstolo”, edición especial para estudantes de turismo

Nos túneles da Cidade da Cultura de Galicia atopáronse as antigas pertenzas dun misterioso peregrino. Dende entón, nada volveu a ser normal. Din que unha maldición cerne no edificio. Só quen se atreva a seguir as pistas poderá resolver o misterio do peregrino.

Máis información

Aforo: 10 persoas por grupo

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

MUSEO PLANTA -1 (sala 4)

hora

11:00 / 12:00 / 13:00 H

PAUSA CAFÉ

hora

11:30 - 12:00 H

FAIRWAY TASA TURISTICA WEB_15

CONGRESO. MESA DE DEBATE

Taxa turística: A onde vai o diñeiro?

A taxa turística imos supoñer que xa non se discute. É a consecuencia natural dun sector en expansión. A verdadeira pregunta é outra. Como se xestiona o diñeiro que se recada? Reinvístese no mesmo ámbito, dilúese nas arcas públicas ou acaba servindo para parchear problemas que nada teñen que ver co visitante?

Máis información

Abrimos un melón incómodo coa experiencia de distintas cidades para reflexionar sobre a eficiencia e transparencia desta ferramenta que, unha de dúas, pode servir como un instrumento para a sustentabilidade, ou quedar nun simple imposto encuberto de execución dubidosa.

Poñentes

  • Míriam Louzao Fernández, concelleira de Turismo do Concello de Santiago
  • José Manuel Lage Tuñas, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica da Deputación da Coruña
  • José Antonio Liñares, Voceiro do Sindicato de Hostelería de Santiago de Compostela
  • Agustín Collazos, presidente de HOSPECO, Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña

 

Moderador

Manuel Carneiro

Manuel Carneiro Caneda

Lugar

AUDITORIO FAIRWAY

hora

12:00 - 13:30 H

Ponentes

No posts found
chat gpt

OBRADOIRO

Chat GPT aplicado á xestión de negocios turísticos

A intelixencia artificial está a marcar un antes e un despois na maneira de viaxar e xestionar destinos e negocios turísticos. Aliada ou ameaza? Neste obradoiro explorarás como a IA converte datos en poder: anticipa o que queren os viaxeiros antes de que o digan, automatiza procesos e redefine estratexias debuxando unha xestión máis intelixente, áxil, precisa e sustentable. O turismo do futuro non o xestionará quen máis saiba… senón quen mellor manexe a máquina.

Lugar

AUDITORIO FAIRWAY

hora

13:30 - 14:30 H

Moderador

Andres Romero Montero
Andrés Romero Montero
Director en Asiri Marketing, especializado en márketing dixital e turismo

Poñente

Juan Frejo García
Juan Frejo García
Experto en Intelixencia Artificial e fotógrafo comercial
Descanso-comida

PAUSA COMIDA

hora

13:30 - 16:30 H

Cerveza-Camino-Mega

Cervexa e Camino. “Ruta Sensorial por la Cultura Cervexeira”

Do mesmo xeito que o Camiño de Santiago une peregrinos de todo o mundo, a cervexa foi durante séculos compañeira de roteiros, pousadas e encontros. Neste obradoiro para adultos exploraremos a historia compartida entre a viaxe e a cervexa, descubrindo estilos tradicionais europeos e propostas artesás locais inspiradas no espírito do Camiño.

Máis información

A través dunha cata guiada aprenderemos a identificar aromas, cores e matices, mentres brindamos pola cultura cervexeira como patrimonio vivo e social. Un encontro para gozar, aprender e celebrar o pracer de parar… e compartir.

Cata dirixida por: Martín Gómez Toba, Técnico de Cultura Cervexa de Hijos de Rivera

Aforo: 20 persoas

Sen custo

Imprescindible reservar praza a través da web

Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.

Lugar

MUSEO PLANTA -1 (escenario presentacións)

hora

16:00 a 16.45 H /
17:00 a 17:45 H / 18:00 a 18:45 H

Exposición. "Os Camiños de Elías Valiña: O inventor das frechas amarelas"

Do 9 ao 11 de novembro, expoñerase un espazo dedicado a Elías Valiña, o cura do Cebreiro e principal artífice do rexurdimento do Camiño de Santiago no século XX. Foi el quen ideou as icónicas frechas amarelas, hoxe símbolo universal de hospitalidade e peregrinación. Por primeira vez na nosa cidade, amósase esta exposición para lembrar ao home que trazou o camiño moderno cara a Compostela.

Sorteo

Sorteo. “My Camino en Fairway”

En Fairway tamén se xoga. Consegue a túa credencial My Camiño no Punto de Información, visita os distintos expositores e sela as 10 casillas da túa tarxeta. Ao completar o teu percorrido, entrarás no sorteo de viaxes, estancias, experiencias e outros premios, cortesía dos nosos expositores e patrocinadores.

Explorar cada recuncho de Fairway ten premio!

VÍDEOS

Perdíchesche a última edición de Fairway?

Fai clic nestes vídeos e amosámosche un resumo das actividades de cada xornada

ACTUALIDADE

Xeral

Correo:

info@fairwaysantiago.com

Teléfono:

+ 34 981 592333

Dirección:

Plaza Marcial Villamor Varela 1D, Bajo. 15703 Santiago de Compostela

Congreso

T. + 34 981 592333

congreso@fairwaysantiago.com

Prensa

T. +34 981 573145

comunicacion@fairwaysantiago.com

Workshop

T. +34 981 592333

comercial1@fairwaysantiago.com

Feria

T. +34 981 592333

feria@fairwaysantiago.com

COLABORADORES E ORGANIZADORES

COLABORADORES INSTITUCIONAIS
Xunta de Galicia
Xacobeo-cor
DepCor_horiz
logo-apqs
Xunta de Galicia
Xacobeo-cor
DepCor_horiz
logo-apqs
ORGANIZAN
Nuevo Logotipo Trevisani TODO
Viloria
MrTurismo_Logotipo-negro

CO SOPORTE DE

Concello Santiago
1-Pontevedra
2-logo_inorde_big
3-PORTO-E-NORTE
4-Fundacion_Xunta
5-YuTravel 10 Años