
FEIRA
Cunha superficie de 2.000 metros cadrados, o V Fórum do Camiño de Santiago convértese no escaparate ideal para que empresas, institucións e destinos turísticos mostren todo o que poden ofrecer. No Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago daranse cita máis de 220 marcas vinculadas co Camiño de Santiago, o que permitirá o encontro con outros profesionais do sector e coñecer as últimas tendencias do mercado.
Entre os días 1 e 3 de novembro poderás descubrir a ampla oferta dispoñible nos distintos Roteiros Xacobeos, tanto a nivel nacional como internacional. Deste xeito, Fairway convértese no espazo ideal para a promoción e contratación de servizos especializados no Camiño.


O espazo feiral é
O escaparate para mostrar ou coñecer as novidades do sector.
O punto de encontro entre empresas, institucións e destinos turísticos.
Unha oportunidade para entrar en contacto cun modelo de negocio totalmente novo e deseñado para empresas do Camiño.
En definitiva, o Fairway é a V Feira de contratación do Camiño de Santiago.
FICHA TÉCNICA
Sector:
Turismo, Viaxes, Ocio
Lugar:
Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia - Santiago de Compostela
Datas:
Do 01 ao 03 de novembro do 2023
Edición:
Quinta edición
Ámbito:
Internacional
Perfil expositor (Feira):
Empresas e/o institucións implantadas ou que ofrecen servizos na área de influencia do calquera dos Camiños de Santiago.
Perfil visitante:
(Fairway Academy, Congreso e Workshop):
Público profesional: axencias de viaxes, hoteis, albergues, casas de turismo rural, retallistas, almacenistas, empresas turísticas receptivas, empresas de servizos.
Administración: institucións turísticas, dirixentes políticos e cargos das administracións implicadas.
Xeral: peregrinos, emprendedores e persoas interesadas no Camiño e/ ou na programación deseñada para o evento.
