Fuorivia Egnatia
O desenvolvemento de rutas culturais é unha tendencia moi importante no sector turístico global, que está a contribuír á definición de novas formas de turismo alternativo, como son o turismo sustentable, o ecoturismo ou o “slow travel”.
O desenvolvemento de rutas culturais é unha tendencia moi importante no sector turístico global, que está a contribuír á definición de novas formas de turismo alternativo, como son o turismo sustentable, o ecoturismo ou o “slow travel”. Dende o despegar do Camiño de Santiago a comezos da década de 1990, desenvolvéronse diversos itinerarios, icrementándose así a oferta de “walking tourism” e contribuíndo á definición de enfoques metodolóxicos e de criterios para a xestión de rutas culturais. Dende 2015 a asociación cultural FuoriVia traballa na rexeneración da antiga Via Egnatia, con grupos de investigadores e exploradores que atravesan os Balcáns dende Durrës a Estambul, iniciativa para a que se prevé unha duración de cinco anos. O obxetivo principal de FuoriVia é deseñar a Via Egnatia como un itinerario a través dun enfoque metodolóxico para o desenvolvemento do “Walking tourism” nesta área do Mediterráneo. Este proxecto permite elaborar un enfoque metodolóxico diferente á planificación de rutas histórico-culturais, posibilitando a construcción dunha rede de institucións e comunidades interesadas na rexeneración da Via Egnatia. Ademáis, un amplo panel de oportunidades diversas emerxerá deste novo enfoque metodolóxico multinivel.