+34 981 573 145

On The Way of Heaven

13/11/2017
16:00 hs

¿Eres un peregrino devoto ou un turista existencial? Ao longo do Camiño, a ruta enmárcase no contexto do seu patrimonio cultural, acompañado de paisaxes naturais, históricos e culturais. ¿Abandonaches a comodidade do fogar para experimentar unha viaxe interior a un destino espiritual ou estás a buscar un contacto coa alteridade cultural e natural, lonxe da túa rutina diaria? 

Hoxe en día, persoas de perfís diversos buscan nos espazos de peregrinación e nos lugares sacros o sentido do “auténtico”. No seu camiño cara ás reliquias do Apóstolo, os turistas déixanse guiar polo desexo de afrontar un reto físico ou de buscar o “contacto coa natureza”. On the Way to Heaven é un intento de explorar e explicar o poder dos lugares e como os paisaxes naturais e culturais acompañan a experiencia do peregrin, relixioso ou non, durante as rutas de peregrinación e nos sitios sacros. A finais do  século XXX e comezos do XXI produciuse o renacemento do interese polas peregrinacións cristiás en Europa Occidental, xa que as prácticas de peregrinación contemporáneas combinan o medieval e o moderno. Ao redor aos espazos de peregrinación xorden demandas de todo tipo, sendo precisa unha xestión delicada, capaz de afrontar esta complexidade e preservar a natureza e o carisma dos lugares sacros.