
FEIRA DE EMPREGO
Estás a buscar traballo? Es unha empresa e tes ofertas laborais dispoñibles? No V Fairway damos un paso máis e poñemos en marcha a primeira edición da Feira de Emprego, en colaboración coa Fundación Ronsel. Terá lugar o mércores 1 de novembro, e a participación é totalmente gratuíta, previa inscrición. Atopa a túa oportunidade laboral dentro dos sectores de lecer e turismo vinculados ao Camiño de Santiago!
En Fairway queremos facilitar o Camiño ao Emprego para ofertantes e demandantes, proporcionando espazos específicos para entrevistas. Todo iso complementado con obradoiros formativos e mesas redondas con exemplos e experiencias inspiradoras. Se queres saber máis, mira as ofertas laborais rexistradas e, se tes unha empresa, súmate e busca o teu perfil ideal.


Que atoparás na Feira de Emprego de Fairway?
Espazo expositivo: con stands de empresas que buscan perfís profesionais. Desde Fairway, facilitaranse entrevistas
Área formativa: ofreceranse durante todo o día mesas redondas para debater necesidades de formación e demanda de persoas traballadoras, unha charla sobre temáticas de interese sobre emprego ao redor do Camiño e un obradoiro a base de dinámicas vivencias abertas á participación do público simulando contornas coma a dunha entrevista de traballo
A asistencia ás actividades é gratuíta.
OFERTAS DE EMPREGO
Camareiros/as de pisos
SANTIAGO DE COMPOSTELA E SARRIA
Auxiliar administrativo
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Guía turístico ou tradutor
ILLA DE AROUSA
Guías de Turismo
SANTIAGO DE COMPOSTELA, CORUÑA, PONTEVEDRA E LUGO
Recepción
PADRÓN
Axente de Reservas
PONTEVEDRA
Recepcionista
FONFRÍA DO CAMIÑO (PEDRAFITA DO CEBREIRO)
Recepcionista de hotel
O GROVE
Recepcionista, camareiro/camareira de pisos
CENTROS POR TODA GALICIA
PARTICIPA
Empresas Ofertantes
Se tes unha empresa e queres participar gratis ofertando as túas vacantes, cobre este formulario:
Demandantes de emprego
Se estás a buscar traballo, e queres rexistrar a túa candidatura, fai clic no botón:
PROGRAMA
- Mércores 1

FERIA DE EMPREGO. TALLER-DINÁMICA DE ROL
A experiencia dunha entrevista de traballo
Actividade con participación activa das persoas asistentes
Modera e dinamiza: Fundación Ronsel
PRIMEIRO ANDAR
11.00 - 11.50 H

FERIA DE EMPREGO. MESA REDONDA
Eu emprendo no Camiño
Emprendedores con diferentes modelos de negocio compartirán as súas experiencias para servir de inspiración ou referencia para que outras persoas anímense a emprender.
Modera: Estela Vázquez, Asesora de emprendemento de la Fundación Ronsel
Participantes:
– David Don, CEO de Walking Eating Galicia
– Francisco Román, Gerente de Bike León
– Ramón Mendez, Director de Tu Buen Camino
– Sabela Gippini, CEO de Galiwonders
PRIMEIRO ANDAR
12.00 - 12.45 H

FERIA DE EMPREGO. MESA REDONDA
O programa Retorna; atraendo talento a Galicia
Responsables da Xunta e das empresas participantes fálannos das oportunidades que ofrece este programa.
Participantes (pendentes de confirmar):
– Representante da Secretaría Xeral de Emigración
– Representantes de empresas beneficiarias
PRIMEIRO ANDAR
13:00 - 13:45 H

DESCANSO COMIDA
14.00 - 16:00 H

FERIA DE EMPREGO. MESA REDONDA
A selección de persoal por competencias profesionais, a importancia de diferenciarse
Responsables de RRHH de diferentes sectores charlarán sobre o que buscan ao seleccionar persoal, poñendo o foco na elección de persoas que destaquen pola súa actitude e habilidades.
Modera: Alba Poncelas, Responsable do área de Inclusión da Fundación Ronsel
Participantes:
– Carmen del Río, Responsable de RRHH de Alda Hoteles
– Elena Vázquez, Vicepresidenta de AGATUR
– Javier San Segundo, Xornalista e formador del sector Hotelero
– Cristina Viñas, Amare Turismo
PRIMEIRO ANDAR
16:00 - 16:45 H

FERIA DE EMPREGO. TALLER-DINÁMICA DE ROL
A experiencia dunha entrevista de traballo
Actividade con participación activa das persoas asistentes
Modera y dinamiza: Fundación Ronsel
PRIMEIRO ANDAR
17.00 - 17.50 H