RELATOR
BIOGRAFÍA
Especializado en Dirección de Operacións de Hotel e Estratexias de Marketing por importantes institucións, acumula unha bagaxe no sector de máis de dúas décadas. É o fundador de Customer Experience (CX) Academy, unha empresa líder en experiencia do cliente. Esta compañía tamén ofrece formación específica en liderado dirixida a xerentes e conta cunha ampla carteira avalada por ducias de hoteis e xestión de marcas. Uns servizos orientados a mellorar a proxección das empresas coas que traballa e tamén a súa imaxe, buscando revitalizar as experiencias da clientela.