FAIRWAY É
FAIRWAY É
Fairway é o único Foro de profesionais do Camiño de Santiago
O primeiro congreso con feira temática co fenómeno xacobeo a nivel internacional amplía horizontes cara ao sector turístico en xeral.
Fairway chega á súa cuarta edición adaptándose aos novos tempos e apostando, por primeira vez, por un formato híbrido. Poñeremos á vosa disposición presentacións, mesas redondas, obradoiros, encontros e outro tipo de actividades a través de streaming. Non importa onde esteas… O noso Foro estará a só un clic de ti!
Congreso
Proponse tratar e tender pontes entre temas e tendencias actuais, así como aspectos formativos e de debate, con cuestións que realmente preocupan a un sector profesional moi amplo e de ámbito multidisciplinar.
Feria de Exposiciones
Escaparate para mostrar ou coñecer as últimas novidades do sector e punto de encontro de empresas, institucións e destinos turísticos.
Workshop
Permite coñecer convidados de renome (Hosted Buyers) que operan no Camiño de Santiago a nivel internacional.
Fairway Academy
Programa formativo que este ano centrará o seu interese nas vantaxes das ferramentas dixitais para o sector turístico. Ofrecerán mesas redondas e obradoiros os mellores expertos do país.
Fairway é o único Foro de profesionais do Camiño de Santiago
O primeiro congreso con feira temática co fenómeno xacobeo a nivel internacional amplía horizontes cara ao sector turístico en xeral
Fairway chega á súa cuarta edición adaptándose aos novos tempos e apostando, por primeira vez, por un formato híbrido. Poñeremos á vosa disposición presentacións, mesas redondas, obradoiros, encontros e outro tipo de actividades a través de streaming. Non importa onde esteas… O noso Foro estará a só un clic de ti!
Congreso
Proponse tratar e tender pontes entre temas e tendencias actuais, así como aspectos formativos e de debate, con cuestións que realmente preocupan a un sector profesional moi amplo e de ámbito multidisciplinar.
Feira de Exposicións
Escaparate para mostrar ou coñecer as últimas novidades do sector e punto de encontro de empresas, institucións e destinos turísticos.
Workshop
Permite coñecer convidados de renome (Hosted Buyers) que operan no Camiño de Santiago a nivel internacional.
Academy
Programa formativo que este ano centrará o seu interese nas vantaxes das ferramentas dixitais para o sector turístico. Ofrecerán mesas redondas e obradoiros os mellores expertos do país.
Fairway é...
- Un espazo que aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude.
- Un lugar de reflexión para atallar as necesidades e problemas deste itinerario cultural europeo, equilibrando os enfoques espiritual, relixioso e cultural coas ópticas turística e económica.
- Un marco para o networking, a creación de redes de traballo para trazar o futuro desta contorna patrimonio da humanidade, conxugando as múltiples formas de entendelo.
- O punto de encontro necesario de oferta e demanda, para dar consistencia ao produto turístico xerado ao redor das rutas a Santiago de Compostela.
- Cultura, gastronomía e innovación ao redor da vía xacobea.
- Internacionalización da rúa maior de Europa.
- Intercambio de coñecemento, xeración de valores culturais, espirituais e económicos.
- Liderado nas rutas de peregrinación, un fenómeno en auxe.
- Un espazo de traballo multinivel para as distintas administracións implicadas.
- Unha iniciativa aberta lanzada desde Santiago que sabe que os Camiños que levan a esta cidade son moito máis que ela soa.
- Un lugar onde comprometerse e poñerse a traballar en beneficio da ruta xacobea por encima das diferenzas.
FOLLA DE DATOS
Sector:
Turismo, Viajes, Ocio
Lugar:
Palacio de Congresos de Galicia
Santiago de Compostela
Datas:
Do 07 ó 09 de novembro de 2021
Edición:
Cuarta edición
Ámbito:
Internacional
Perfil expositor (Feira):
Empresas e/ou institucións establecidas ou que ofrecen servizos na zona de influencia de calquera dos Camiños de Santiago.
Perfil visitante
(Fairway Academy, Congreso e Workshop):
Público profesional: axencias de viaxes, hoteis, albergues, casas de turismo rural, venda polo miúdo, maioristas, empresas de turismo receptivo, empresas de servizos.
Administración: institucións turísticas, responsables políticos e cargos das administracións implicadas.
Xeral: peregrinos, emprendedores e interesados Ámbito: no Camiño e/ou na programación deseñada para o evento.