RELATOR
BIOGRAFÍA
É un dos impulsores do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), órgano que preside desde a súa constitución, en decembro de 2007. Desde xaneiro de 2018 desenvolve a súa actividade profesional na Deputación de Ourense, como Director da área de Transparencia e Goberno Aberto. Previamente, traballou na Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia como xefe do Departamento de Sistemas e no Concello Santiago de Compostela, como xefe de Innovación. Actualmente, é presidente do Consello Xeral de Colexios de Enxeñería en Informática.