ACADEMY
MESA REDONDA
A dixitalización como factor de sustentabilidade turística, by Mr Turismo
12:00H - 13:00H
SALA COMPOSTELA
Nos últimos anos, os Destinos Turísticos Intelixentes e os Plans de Turismo Sostible son programas de especial relevancia na política turística do Estado español. De cara á era post-COVID, espérase que estes programas tomen máis forza, por iso esta mesa quere facer fincapé na relación entre a ITD e os plans de sustentabilidade e como o factor dixitalización influirá no futuro dos destinos. Ferramentas de dixitalización, experiencias de goberno intelixente, accións de sustentabilidade serán conceptos que non pasarán desapercibidos para os oíntes.